O teito de gasto supón unha moción de censura á planificación económica da Xunta

O teito de gasto supón unha moción de censura á planificación económica da Xunta

O teito de gasto supón unha moción de censura á planificación económica da Xunta

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, dixo que o teito de gasto asinado pola Xunta supón en realidade “unha moción de censura á planificación económica da Xunta”. Así o dixo na comparecencia do Goberno en Comisión para informar sobre a aplicación da Estratexia 2020 polo Goberno galego.

A parlamentaria socialista explicou que os recortes nos ingresos previstos polo goberno galego, que asinaron no coñecido como “teito de gasto”, imposibilitan o cumprimento das previsións do Plan Estratéxico. Así, advertiu que Feijóo escamoteará un total de 7.000 millóns de euros a estas previsións entre 2011 e 2014, xa que “para 2012 fallan 1.800 millóns, para 2013 outros 2.000 e, para 2014, 2.100 millóns de euros”.

Caride criticou a “austeridade de ideas” da Xunta para reactivar a economía galega provoca que incumpra os obxectivos previstos na estratexia 2020 “en lugar de cambiar e reactivar a política económica optan pola pasividade” e reclamoulles que expliquen “qué pensan facer para cambiar unha situación que deixa unha análise e balance dramático para a economía galega”.

Así, explicou que mentres o Plan Estratéxico recoñecía o “salto de xigante” que deu Galicia na pasada lexislatura no plano do I+D+i, e a converxencia con España e Europa, entre 2010 e 2014 atopámonos a contracción das cifras económicas de Galicia e a dilapidación da converxencia acadada entre 2005 e 2009.

Obxectivos 2020

Dixo que a Xunta está a incumprir os obxectivos sinalados na estratexia 2020, partindo de basear a economía no coñecemento e a innovación, “mentres Feijóo afirma en xaneiro de 2011 que investir en formación é ter máis xente formada sen traballo”. Isto explica a caída das bolsas e contratos de investigadores á metade, de 230 a 125, e pasando de 351 pazas de investigadores en 2007 a “cero” en 2010.

Caride lembrou que as declaracións de Feijóo daquel día “sembrado” inclúen a afirmación de que con mais diñeiro “non podería facer mais polo emprego” ao mesmo tempo que reclamaba 805 millóns de euros ao Estado “supostamente para crear 14.000 empregos” e aplicar despois a clave S-698 para “manipular as estatísticas de desemprego”.

Dixo que os datos do paro demostran que o comportamento da economía galega está a empeorar o diferencial de crecemento co Estado, e que dende a chegada do PP hai 56.900 parados mais cun crecemento que duplica a media nacional. Sinalou que Galicai é unha das autonomías nas que mais medra o paro, evidenciando ademais que o PP “non ten solución contra a crise”.

Caride criticou tamén que o Goberno galego incumpra o obxectivo de uso eficaz dos recursos para acadar unha economía “vede e competitiva” mentres o Goberno galego avala as “desfeitas na costa” seguindo o modelo de Barreiros ou “regalando” solo costeiro a empresas “para supostos proxectos de acuicultura que non se sabe qué serán mañá”.

Dixo que tamén “tiramos a toalla na loita contra o fracaso escolar” xa que cando hai 3.000 alumnos mais en infantil e primaria hai 900 profesores menos, un descenso do 23 por cento no orzamento “que se foi acrecentando ao longo do curso”, e un recorte do 26 por cento na formación do profesorado.

Ademais, dixo que mentres a política industrial resulta “central para a era da mundialización”, a Xunta mantén ao Igape “desaparecido e descabezado”, e unha consellería de Economía que “ninguén sabe a qué se dedica”. Lembrou neste sentido o dato do Índice de Produción Industrial, que caeu en Galicia un 15,9 por cento no último ano –o tripla que no Estado-, acadando o segundo peor dato de España.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar