Caride: "O PP está dacordo coa suba de salarios dos directivos de NCG"

Caride: "O PP está dacordo coa suba de salarios dos directivos de NCG"

Caride: "O PP está dacordo coa suba de salarios dos directivos de NCG"

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, acusou ao PP de amosarse “de acordo con que os directivos de NCG se suban e incrementen os salarios”. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei para limitar os salarios dos directivos da entidade, que foi rexeitada polo PP.

Caride dixo que “desafortunadamente, o PP nin quere limitar as remuneracións, nin apoia a devolución das indemnizacións, nin está interesado en que se transparenten os acordos retributivos de NCG Banco nin confía en poder manter a obra social e o apoio ao tecido produtivo galego, actitude que evidencia a incapacidade de NF para facer fronte aos problemas do país”

Explicou que esta iniciativa permitiría “invalidar de xeito claro o contrato de García de Paredes e o incremento dos plans de pensións da entidade”, que pasaron de 1,6 millóns de euros antes da fusión a 2,8 despois por equiparalos “por arriba”. Dixo que “os galegos pregúntanse qué pasou con NCG e cómo é posible que si precisa 2.400 millóns de euros do Frob os ex directivos “marcharan con mais de 40 millóns de euros no peto”.

A responsable socialista dixo que o presidente da Xunta “só dedicouse a mandar cartas para o actúe o Banco de España” mentres que hoxe o señor Castellano anuncia accións legais para que os exdirectivos devolvan as indemnizacións “inmorais”, amosando que o presidente da Xunta non ten capacidade para facer fronte aos problemas de Galicia.

Fixo alusión a que mentres Feijóo anunciaba a súa misiva, o presidente da entidade era quen esixía a devolución das indemnizacións, facéndose responsable da situación “ante a incompetencia do titular da Xunta de Galicia”.

Caride criticou que a Xunta “coñecía as retribucións e indemnizacións, e si non actuou foi porque non quixo ou por conivencia cos directivos para que marcharan para casa coas indemnizacións”. Dixo que o presidente da Xunta “permaneceu sentado” a pesares de contar cun representante na Comisión de Control da entidade e de coñecer pola información remitida á CNMV o aumento nos plans de pensións destes directivos.

Aumento das retribucións do 71,18 por cento
Explicou que o informe presentado polas caixas e remitido á Comisión Nacional do Mercado de Valores correspondente a 2010 establecía que “os niveis retributivos dos directivos de NCG aumentaran nun 71,18 por cento sen ningunha explicación por parte das caixas nin goberno galego”.

Sinalou que, en contraste coa situación de NCG, o resto das caixas nacionalizadas por medio de recursos públicos rexistraron un descenso do 26,36 por cento no caso de Unimm e do 24,5 en Catalunya Caixa. Lembrou tamén que ningunha das caixas que se manteñen como propietarias dun banco tivo un aumento retributivo superior ao 5 por cento, xa que en Cajamadrid foi do 4,25, en La Caixa do 1,65 e na Kutxa 2,28.

Os socialistas reclamaban hoxe que as remuneracións non se incrementen, xa que “non pode ser que respaldemos os incrementos retributivos”, así como unha relación entre as modificacións as condicións laborais dos traballadores e dos directivos, porque “si lle pedimos aos traballadores que aperten o cinto tamén llelo pedimos aos directivos”.

Incorporaron a esixencia de devolución das indemnizacións percibidas polos exdirectivos de NCG e a necesidade de transparentar os acordos retributivos da dirección de NCG Banco, co obxectivo de garantir “que mañá non nos atopemos sorprendidos diante de novas indemnizacións millonarias”. Consideran “imprescindible” modificar a Lei que regula a fundación especial herdeira das nosas caixas “para garantir a obra social”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar