Caride: "O nomeamento de Porro pon ao CES ao servizo partidista do PP"

Caride: "O nomeamento de Porro pon ao CES ao servizo partidista do PP"

Caride: "O nomeamento de Porro pon ao CES ao servizo partidista do PP"

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, criticou que o nomeamento de Corina Porro como presidenta do Consello Económico e Social sitúa ao órgano “ao servizo partidista do PP”. Así o dixo na comparecencia de Porro diante da Comisión de Economía por mor do seu nomeamento.

Caride amosou unha “preocupación dobre” por este nomeamento tanto polo que supoón de ruptura de consensos como de utilizar o órgano como “cemiterio de elefantes” no que situar ás persoas “que non acadaron o resultado electoral esperado ou porque non son válidas para o partido” e que así “non se teñan que baixar do coche oficial”.

Explicou que tanto o anterior presidente, Pablo Egerique, como a actual, Corina Porro, proceden da secretaría xeral do PP de Vigo e de cargos en organismos como a Autoridade Portuaria ou a Zona Franca, respectivamente. Caride discutiu a “idoneidade de persoas que só teñen o aval da traxectoria no PP cando o que teñen é que promover consenso, diálogo e exercer o seu labor de control ao goberno”.

Dixo así que mentres a presidencia de Suárez Llanos contaba cunha formación recoñecida en dereito mercantil e foi nomeado sen a oposición de ningún grupo parlamentario, o modelo “deixou de gustarlle a Feijóo” e procedeu aos nomeamentos de Egerique e Porro primeiro como vicepresidente e agora como presidente da Xunta.

Dixo que seguiu o mesmo modelo que na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, na que “como non gustaba o director cambiaron o decreto que regula ao órgano e así poder cesalo e nomealo a gusto”.

Caride advertiu que “corremos o perigo de diluír o papel do CES para a actividade lexislativa” logo de que Feijóo optara por non remitir as normas ao órgano, como no caso da Lei de Acompañamento que conlevaba unha modificación fiscal ou o Proxecto de Lei de Disciplina Orzamentaria “dicindo curiosamente que non tería incidencia sobre a actividade económica” e agora nomee como presidenta á candidata á alcaldía de Vigo.

Caride explicou que esta decisión foi tomada despois de que o órgano emitira diversos informes negativos contra a Xunta, como cando dixo que a Lei de Familia resultaba regresiva e volvía ao patriarcado. Tamén cuestionou a redución de ingresos que provocou a modificación no imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, ou ben ao advertir do deterioro da atención sanitaria e o incremento das listas de espera.

Lamentou que mentres o presidente da Xunta “non tivo tempo en 27 meses para cambiar aos vogais que non foron renovados, provocando problemas de funcionamento e a crítica directa dos sindicatos ao presidente da Xunta”, agora “amosou rapidez para tardar só un mes das eleccións municipais e nomear presidenta a quen fora candidata do PP en Vigo.

Funcións

A responsable socialista subliñou a importancia da solvencia profesional do candidato a presidir o CES por canto ten a función de solventar os empates internos co seu voto de calidade. Lembrou que tamén ten un labor de impulso para propoñer ao Goberno iniciativas concretas e especialmente relevantes a nivel social, ademais de promover o consenso e o diálogo entre as organizacións sindicais e empresariais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar