Caride: “O modelo de Feijoo para incentivar o emprego xuvenil en Galicia é o da precariedade e o paro”

Caride: “O modelo de Feijoo para incentivar o emprego xuvenil en Galicia é o da precariedade e o paro”

Caride: “O modelo de Feijoo para incentivar o emprego xuvenil en Galicia é o da precariedade e o paro”

A portavoz Facenda do Grupo Parlamentario Socialista Maria Jose Caride interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre as afirmacións da Conselleira de Traballo, quen declarou “que os mozos galegos emigran coa finalidade de mellorar a súa formación”.

Na súa intervención, a portavoz de Facenda, amosou a súa sorpresa e o seu malestar polos constantes cambios na Orde do Dia que sofren as distintas Comisións parlamentarias. “Hoxe retirouse unha pregunta desta Comisión, e onte mesmo retiráronse a metade das preguntas doutra”. Por iso acusou ao PP “de impedir o control ao Goberno aos grupos da oposición no Parlamento, algo rexeitable, e esperemos que non se repita”. E insistiu nas súas criticas “isto é unha anormalidade democrática demasiado xeralizada”.

Caride dixo que os datos de emprego xuvenil “son demasiados preocupantes”. Sinalou que a taxa de crecemento do desemprego é dun 50% dende o 2007 ata agora. Asegura que as estatísticas reflicten o drama que vive Galicia en termos poboacionais, que indican que a nosa Comunidade “ten un problema de extrema gravidade na renovación xeneracional”.

Estes datos dan como resultado que Galicia “hoxe teñan a taxa de xuventude entre o-25 anos mais baixa de toda España”, agás Asturias. Pola contra subliñou as políticas que levan adiante países como Alemaña de captación de familias xoves co fin de “incrementar a natalidade e a renovación xerenacional”. Sinala que isto “é xusto o contrario do que fai Galicia, xa que deixa marcharse o seu capital humano para que formen unha familia fora, e mentres a Xunta frivoliza e amosase incapaz de ofrecer un futuro aos mozos en Galicia”.

Explica, que algúns expertos que compareceron en sede parlamentaria, cualificaron a situación de Galicia “de extrema gravidade, de irreversible, e mesmo dun suicidio poboacional”. E denuncia que a Comisión para o Estudo do Plan de rexeneración demográfica de Galicia “leva sen reunirse dende o mes de decembro, e non esta tendo ningún resultado”.

“O Goberno de Feijoo –dixo- coa pasividade condena a Galicia a ser un pais envellecido e sen esperanza para xeracións futuras”.

Investigadores na rúa

Caride quere coñecer que esta facendo o Goberno de Feijoo para que as xeracións mais novas se queden en Galicia. E criticou que a Xunta “diminúe as becas de formación, e ademais os investigadores galegos non poden continuar co programa postdoutoral ou coas súas teses”. Neste punto lembrou aos 17 investigadores Parga Pondal da USC “que están na rúa para resolver o seu futuro”.

Advirte que a xuventude de Galicia esta emigrando “ao estranxeiro, o que significa que estamos perdemos capital humano mellor formado”.

Pais Vasco 321 millóns de euros

Ademais aludiu aos datos do Pais Vasco, que ven de presentar un Programa de emprego xuvenil para ano 2012, cun orzamento de 321 millóns euros, con actuacións especificas para xoves. “Nunha conxuntura menos grave e seria que Galicia, hai gobernos que poñen propostas enriba da mesa para atopar unha solución ao desemprego”, replicou.

A deputada afirma que coa reforma laboral de Mariano Rajoy “o único futuro que lle espera aos nosos mozos é a precariedade e os salarios baixos”.

A portavoz de Facenda afirma que estamos peor que no ano 2009, e lembrou o compromiso de Feijoo no seu Contrato con Galicia, quen asegurou que a súa primeira prioridade era o emprego. E insistiu “si a Xunta non ten ningunha competencia en emprego para que se puxo como prioridade o emprego, e senón sabe cales son as súas competencias que marche?”, espetou. Dixo que Feijoo a dia hoxe non presentou ningunha proposta para eliminar o desemprego nos mais mozos.

Asegura tamén que o orzamento en materia de emprego “pasou de 1060 euros a 335 euros do ano 2009, ata hoxe”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar