Caride: "O informe do Consello de Contas desmonta as mentiras de Feijóo"

Caride: "O informe do Consello de Contas desmonta as mentiras de Feijóo"

Caride: "O informe do Consello de Contas desmonta as mentiras de Feijóo"

A portavoz de Facenda do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, afirmou que o informe elaborado polo Consello de Contas sobre o peche do exercicio 2008 evidencia que as contas da pasada lexislatura “son claras e transparentes, e non existe ningún burato como aseguraba o PP”.

“O informe do Consello de Contas desmonta as acusacións de Feijóo de que o anterior Executivo deixou un burato nas contas autonómicas. Os buratos só existen na credibilidade do Goberno de Feijóo”, sentenciou Caride.

Así, a socialista sinalou que o informe recolle que o anterior Goberno pechou todos os exercicios con máis ingresos dos orzamentados, incluído o ano 2008, xa afectado pola crise. “Isto é xusto o contrario do acontecido na derradeira lexislatura de Fraga, que pechou todos os exercicios con menos ingresos dos previstos”, apuntou. O mesmo informe recolle que foi Galicia a comunidade autónoma con maior incremento dos ingresos non financeiros.

Destacou que o Goberno socialista acadou un superávit orzamentario nos exercicios 2006 e 2007, e pechou o 2008 cun déficit do 0,37% do PIB, “un terzo do autorizado, e moi por debaixo da media das comunidades autónomas, que foi do 1,45%; estando oito comunidades por riba do 1%”. Caride incidiu tamén no descenso do peso da débeda, que pasou do 7,6% do ano 2004 ao 6,9%; sete puntos menos.

“Esta tendencia de descenso do endebedamento rachouse esta lexislatura, na que o goberno de Feijoo situou no 11% do PIB o endebedamento público e incrementou o seu volume mais do 50%”, subliñou. Ademais, é de destacar que os 3.954 millóns de euros de endebedamento galego de 2008 recolle todos os compromisos de pago da Xunta de Galicia, incluídos os derivados dos peaxe en sombra, mentres que aos mais de 6.100 millóns que hoxe presenta o endebedamento autonómico hai que engadirlles os compromisos de pago por concesión público privada contratados con posterioridade a 2008.

A portavoz de Facenda dos socialistas galegos apuntou que, segundo pon de manifesto o informe, “o Goberno socialista rexistrou todas as facturas, non como fixo o PP nas lexislaturas presididas por Manuel Fraga, con Feijóo como vicepresidente; ou como está a facer agora o Goberno de Feijóo”.

“Galicia tivo un anticipo do Estado superior ao que na liquidación do ano lle correspondía, cun exceso de 574 millóns de euros, do mesmo xeito que, para o ano 2009, Galicia contou con 1.600 millóns máis dos que lle corresponderían, e que xestionou o actual Goberno de Feijóo”, explicou Caride, quen lembrou que “esto lle permitiu a Feijóo presumir de cumprir o obxectivo de estabilidade”.

Autovía Costa da Morte
A portavoz de Facenda engadiu que o informe sobre as peaxes en sombra “pon de manifesto a irregularidade que supón a rescisión do contrato da Autovía da Costa da Morte por parte do Goberno de Feijóo e as sucesivas licitacións de contrato desta concesión”.

Lembrou que a obra foi licitada polo anterior Goberno socialista e que o Goberno de Feijóo decidiu rescindir esa licitación para volver a adxudicala con un custo moito maior, e que provocou non só un adiamento da obra senón un maior gasto para os galegos e galegas.

Ademais de sinalar as irregularidades desta decisión do Goberno galego, o informe advirte do grave perxuizo para as finanzas autonómicas do abuso das concesións público-privadas que está a facer a Xunta para financiar non só estradas, senón hospitais e centros de saúde. Estas concesións suporán un desembolso anual de mais de 200 millóns de euros e “pode poñer en risco a capacidade da Xunta para prestar servizos públicos fundamentais e a sostibilidade das finanzas autonómicas”, advertiu Caride.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar