Caride: “O aumento dos ERES e da taxa de paro evidencian o fracaso dos Plans Impulsa Lugo e Ourense da Xunta”

Caride: “O aumento dos ERES e da taxa de paro evidencian o fracaso dos Plans Impulsa Lugo e Ourense da Xunta”

Caride: “O aumento dos ERES e da taxa de paro evidencian o fracaso dos Plans Impulsa Lugo e Ourense da Xunta”


A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, dixo hoxe que o aumento dos EREs e da taxa de paro en Lugo e Ourense evidencian o fracaso dos plans Impulsa Lugo e Ourense anunciados pola Xunta e que se demostraron “baleiros de contido”. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei para que a Xunta dea conta destas iniciativas na Cámara.

Caride cualificou de “fume” estes plans que “non conseguiron mais que un saldo de emprego negativo” e a multiplicación do número de EREs. Explicou que o desemprego de Ourense creceu 10 puntos –dende o 9 ao 19%- dende o terceiro trimestre de 2009, e a taxa de actividade está por debaixo do 40 por cento, mentres o desemprego en Lugo descendeu un 3,9 por cento e a taxa de actividade apenas supera o 45 por cento.

Criticou que os “proxectos estrela” destes plans atópanse “un na fiscalía e o outro non existe”, en alusión ás axudas ás farmacéuticas afectadas pola Operación Campeón e á planta de vehículos eléctricos de Melón. Dixo que por estes motivos hoxe resulta “máis preciso que nunca luz e taquígrafos sobre as axudas da Xunta”.

Reclamoulle así ao goberno galego que explique si as axudas concedidas ao empresario imputado están incluídas nos plans. Dixo que “xa que as facturas e a realidade van por cauces diferentes, non vaia ser que xa puxéramos cartos para a hipotética planta de vehículos eléctricos” prevista para o concello de Melón e que cun investimento de entre 8,5 e 11 millóns de euros xeraría a

ta 2015 1.200 empregos e hoxe está “esquecida”.

Reclamou que o presidente da Xunta explique “cal é o seu plan para impulsar Lugo e Ourense” xa que “hoxe preocupa a presunción de que para conseguir algo da Xunta os empresarios teñan que ir da man de alguén, acabando coa libre concorrencia e a igualdade de trato”. Sinalou así a presunta implicación do Igape na concesión de axudas irregulares a Dorribo e que ameaza con rematar coas axudas do Banco Europeo de Investimentos.

Os socialistas presentaron unha iniciativa para que a Xunta presente no Parlamento os devanditos plans “cos seus correspondentes compromisos orzamentarios”, así como un informe anual do seu cumprimento, que foi rexeitada polo PP. Dixo que ata o momento “o único que sabemos é que Feijóo ofrece salarios baixos como gran fortaleza de Galicia a través da páxina do Igape”.

Intimidación

A responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de “pasar das explicacións á intimidación” ao presentarse onte “cal Deus para dicir que ninguén utilice o seu nome en van” logo de que o empresario Dorribo o implicara na concesión de 4 millóns de euros ás súas empresas. Dixo que “por hixiene democrática e por transparencia, debe deixar de ameazar e empezar a explicar para estar seguros do destino das axudas públicas”.

Apuntou que quen utiliza o nome do presidente da Xunta son o empresario e os implicados na Operación Campeón, así como a xuíza e os medios que publican e transcriben a súa presenza na trama. Dixo que tamén o anterior director do Igape e un ex deputado do Parlamento utilizaron o seu nome con relación ás axudas.

Sinalou tamén que diante da obscuridade na concesión de axudas agora “de repente lles entrou un ataque de prudencia, cando levan meses sendo claramente imprudentes dando total credibilidade e considerando palabra de deus ao empresario imputado e agora cualifícano de un presunto delincuente”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar