Caride interpela á Xunta polo seu “fracaso” diante dó éxodo de mozos e mozas traballadores de Galicia

Caride interpela á Xunta polo seu “fracaso” diante dó éxodo de mozos e mozas traballadores de Galicia

Caride interpela á Xunta polo seu “fracaso” diante dó éxodo de mozos e mozas traballadores de Galicia

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, dixo hoxe que o éxodo de mozos e mozas de Galicia para traballar noutras autonomías “constata o estrepitoso fracaso” das políticas económicas do goberno de Feijóo. Nunha Interpelación parlamentaria, lamentou o “descoñecemento” e “afastamento” do Goberno galego diante desta problemática.

A responsable socialista considera á responsable de Traballo do Goberno galego “absolutamente desconectada da realidade de Galicia” ao ter afirmado que estas migracións son “temporais co obxectivo de acadar formación”. En opinión de Caride, este punto de vista evidencia que “é realmente difícil que un Goberno que vive na inopia poida adoptar decisións na dirección correcta para recuperar a actividade económica”.

María José Caride lamentou que o presidente da Xunta non tivera aproveitado a recente remodelación do seu goberno para “tomar a decisión de relevar tamén á responsable da Consellería de Traballo” logo de ter demostrado que “carece por completo de iniciativa para botar a andar este país”.

Aludiu así a unha emigración masiva, en busca de traballo, dos mozos e mozas da xeración mellor preparada da historia de Galicia, xa que en 2010 11.000 galegos e galegas entre 18 e 35 anos saíron desta Comunidade Autónoma. Apuntou ademais que a xestión de Feijóo e da conselleira Mato Galicia teña sido a terceira Comunidade Autónoma en destrución de afiliacións á Seguridade Social durante o ano 2011.

Interpelación

Caride interpela ao goberno galego para que explique, no Pleno do Parlamento, si comparte as declaracións realizadas pola conselleira de Traballo e Benestar xustificando esta emigración masiva argumentando que se trata de saídas temporais “para mellorar a súa formación”. Reclama tamén que expliquen as medidas que pensa adoptar o Goberno galego para facilitar oportunidades de emprego en Galicia a mozos e mozas.

Explicou que, como consecuencia desta situación, a produtividade da economía galega, a capacidade de innovar e xerar valor engadido e o talento “veranse limitados prexudicados, limitándose tamén ás taxas de natalidade e salientando os problemas demográficos de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar