Caride: "Feijóo actúa con irresponsabilidade e deslealdade e opta por facer campaña a Rajoy"

Caride: "Feijóo actúa con irresponsabilidade e deslealdade e opta por facer campaña a Rajoy"

Caride: "Feijóo actúa con irresponsabilidade e deslealdade e opta por facer campaña a Rajoy"

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, criticou a “irresponsabilidade e deslealdade” amosada por Feijóo ao anunciar unha “situación catastrófica” para a sanidade, educación ou atención á dependencia. Criticou que opta por “facer a campaña de Rajoy en lugar de buscar solucións para os galegos e galegas”.

Dixo que o presidente da Xunta “en lugar de tomar medidas é un sistemático portador de malas noticias” e exerce de “portavoz do PP e de Rajoy” en lugar de defender os intereses dos galegos e das galegas. Caride anunciou hoxe a solicitude de comparecencia urxente do presidente da Xunta e da conselleira de Facenda e Orzamentos para explicar estes recortes que anunciou Feijóo logo do Consello de Política Fiscal e Financeira de Onte.

Tamén reclamou que explique as facturas que deixa sen pagar a Xunta en materia sanitaria logo de anunciar un déficit de 15.000 millóns de euros na sanidade en todo o Estado. Lembrou que o propio Feijóo deixou unhas facturas na sanidade “agochadas” pola Xunta da que era vicepresidente en 2005 por valor de 400 millóns de euros e que a propia conselleira de Facenda certificou como interventora xeral da Xunta.

Criticou que Feijóo “en lugar de buscar solucións” anuncia que non poderá pagar facturas e “busca a quén botar a culpa” supeditando os intereses dos galegos e das galegas á estratexia de Rajoy. Dixo que “o PP non ten receitas nin proxecto para saír da crise”, xa que mentres prometía acabar co paro hoxe “aumenta o desemprego, carece de iniciativas e recorta a sanidade, a educación e a dependencia”.

A responsable socialista censurou que “mentres presume de rigor descubrimos que fai os seus orzamentos cunha absoluta falta de rigor” ao ter presupostado 243 millóns de euros cando o Goberno “anunciaba que non ía abonar esa contía”. Chamou a “non caer na trampa do presidente” que “malinterpreta o modelo de financiamento e incorpora partidas sabendo que non llelas van a pagar”.

Dixo que o presidente da Xunta “ou ten un problema de xestión na reivindicación que nos corresponde ou incorporou partidas que non tiña aseguradas”. Lembrou ademais que o presidente da Xunta “non sabe o que asina”, xa que el mesmo aprobou este mesmo modelo de financiamento que concedeu a Galicia 600 millóns adicionais e incorpora os criterios de normalización lingüística, dispersión poboacional ou envellecemento.

A portavoz de Facenda e Orzamentos preguntou tamén “ónde están os supostos 800 millóns de euros” que a Xunta anuncia en Galicia sen xustificar pero que “esquece” no Consello de Política Fiscal e Financeira.

Demagoxia

A responsable socialista criticou a “demagoxia” do presidente da Xunta que “anuncia recortes sen dicir cómo e por qué para agochar a súa propia incompetencia e falla de iniciativa”. Reclamou que explique “onde está a austeridade real e a eliminación de organismos para optimizar recursos”.

Preguntou tamén “por qué non ofrecen un pacto polo emprego aos concellos e deputacións de Galicia” e lamentou a ausencia das actuacións do Igape que “permanece descabezado”. Tamén criticou a ausencia do Plan de Acuicultura do Goberno galego, que non ten tomado “ningunha decisión relativa aos sectores produtivos e ningunha estratexia para acadar mais recursos”.

Con estes antecedentes, dixo, Feijóo debe explicar si o PP quere reducir o déficit en todo o Estado despedindo funcionarios como fixo Cameron no Reino Unido, reducindo os salarios ou suprimindo a metade da paga extraordinaria como os conservadores en Portugal ou privatizando os servizos públicos como está a facer el mesmo en Galicia.

Competencias

Caride lamentou que á Xunta “éncheselle a boca cando esixe ás outras administracións que cumpran coas actuacións que o propio goberno galego incumpre cando é a súa competencia”. Neste sentido, criticou que falen de “supostos retrasos no AVE” cando as infraestruturas do Goberno galego están sendo sistematicamente “adiadas ou paralizadas”.

Lembrou que así o confirman os datos de licitación de infraestruturas feitos públicos onte por Seopan, polos que o Goberno galego reduciu as licitacións nun 40 por cento respecto a 2010. Ademais, acumula tamén un retraso de dous anos no Hospital de Vigo, que a día de hoxe carece de proxecto construtivo e cun modelo de financiamento público – privado que finalmente sairá “moitísimo mais caro”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar