Caride esixirá vía parlamentaria a supresión da orde de incremento de prezos dos inmobles

Caride esixirá vía parlamentaria a supresión da orde de incremento de prezos dos inmobles

Caride esixirá vía parlamentaria a supresión da orde de incremento de prezos dos inmobles

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, lamentou a non contestación por falla de argumentos da Xunta de Galicia,  para respostar ao escrito de alegacións que reclamar a paralización da orde da Xunta,  que establece os novos prezos de referencia da vivenda, que fora presentado o pasado 7 de xullo. Igualmente lamentou que non se transmitira a documentación solicitada polo Grupo parlamentario socialista e que utilizouse como base para o aumento impositivo.

Volveu a insistir que a norma supón un incremento encuberto de impostos de ao menos un 30 por cento por termo medio. Caride denunciou a “dobre moral” dunha  Xunta que presume de atender aos cidadáns que o necesitan cando agocha o seu afán recadatorio.

Dixo que “o Goberno que presumía de rebaixar os impostos resulta que os aumenta pola porta de atrás ao incrementar a base de cálculo” que afecta directamente ao imposto sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. E igualmente pode afectar as valoracións dos bens que se utilizan noutros trámites, como nos casos de separación ou divorcio.

Para a deputada socialista, “o Sr. Feijoo deberá explicar aos galegos esta decisión de aumentos impositivos xeneralizados”. Máis cando os mesmos taxadores sinalaban que en numerosos casos o prezo de referencia xa superaba o valor de mercado e que este tivo caídas nos últimos anos, polo que non resulta equitativo hoxe consolidar “moi por riba” os valores para gravar a este tipo de bens.

Advertiu ademais que a Xunta xa está aplicando dende fai meses eses prezos de referencia,  a pesares de que a orde foi publicada hoxe,  e denunciou que terá efectos retroactivos para os anos 2010 e 2011, segundo se deduce do propio título da mesma.

Caride advertiu que mentres o prezo da vivenda diminuíu nos últimos anos, (- un 3,4 por cento no último ano en Galicia), a Xunta de Galicia decidiu subilo nunha media que pode alcanzar o 30-40 por cento,  acadando máximos de máis do 100 %. Así, por exemplo, acontece con moitos dos inmobles de menos de quince anos na zona do Val Miñor, que aumentan ao dobre na nova valoración realizada agora pola consellería de Facenda.

A parlamentaria socialista advertiu que mentres a Xunta negouse a aprobar unha iniciativa socialista para garantir unha taxación xusta nas execucións hipotecarias hoxe “pola porta de atrás introduce un aumento encuberto do valor dos bens inmobles retroactivo,  sen transparencia e sen información”.

Na alegación presentada o pasado 7 de xullo - dentro do prazo legal dado pola Xunta de Galicia - os socialistas reclamaban a paralización desta orde porque os novos prezos “non deberan sufrir aumentos desproporcionados e inxustificados, non aparecen referendados polas actuais condicións do mercado inmobiliario, carece de información suficiente e precisa, non está xustificado e non pode ter efecto retroactivo nin entrar en vigor antes da súa aprobación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar