Caride esixe cambiar o Igape para evitar que sexa o trato de favor o que decida as axudas

Caride esixe cambiar o Igape para evitar que sexa o trato de favor o que decida as axudas

Caride esixe cambiar o Igape para evitar que sexa o trato de favor o que decida as axudas

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, esixiu á Xunta que cambie as liñas de actuación do Igape “para evitar que decidan as axudas as reunións por trato de favor”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei socialista en alusión ao encontro de Feijóo co empresario lugués Dorribo, imputado na Operación Campeón.

A responsable socialista reclamaba á Xunta que garanta o apoio do Igape en función do seu proxecto “sen necesidade de ir da man de ningún deputado de ningún partido”. Aludía así tamén á mediación do deputado do PP Pablo Cobián –hoxe dimitido- para o encontro entre Dorribo e Feijóo, que o presidente da Xunta admitiu onte, e que concluíu co empresario percibindo 4 millóns de euros que foron paralizados por orden xudicial.

Caride advertiu que a xestión do Igape por parte da Xunta provocou que Galicia perdera no que vai que ano dez veces mais empresas que en todo 2010. Dixo que o ente permanece “noqueado pola Operación Campeón” xa que “non fan nada, non moven un papel nin dan unha axuda” mentres si que privatizan as funcións de internacionalización das empresas pagando á Confederación de Empresarios de Galicia.

Acusou ao PP de “vivir nas nubes” e permanecer “abducidos por unha especie de optimismo que leva a Feijóo a loar a fusión do Banco de Pastor e o Banco Popular por considerar unha boa noticia para Galicia” a venda da entidade galega. Lamentou que votando contra esta iniciativa “dan as costas aos parados, renuncian a loitar contra o fraude fiscal e renuncian a que o Igape realmente promova a actividade económica.

Iniciativa socialista
A proposta socialista, explicou Caride, propuña convocar “de xeito inmediato” a sindicatos e empresarios no Diálogo Social para deseñar un plan de recuperación do emprego prestando especial atención aos parados de longa duración, os maiores de 50 anos e o desemprego xuvenil.

Tamén reclamaba a presentación diante do Parlamento de Galicia, nun prazo máximo de dous meses, dun Plan de reorientación das liñas de actuación do Igape e da Consellería de Economía e Industria que permitan mellorar o financiamento empresarial. Por último, propuxo presentar na Cámara autonómica, e nun prazo de 3 meses, un Plan de medidas de control contra a precariedade laboral e un Plan de Loita contra o fraude fiscal.

Advertiu que a xestión do PP na Xunta levou a que en dous anos e medio Galicia teña 56.900 parados mais, co maior incremento no mes de setembro rexistrado en dez anos e situando a Galicia á cabeza na destrución de emprego.

Dixo que, mentres Feijóo prometera non gastar un só euro mais do ingresado, e xa leva 3.000 millóns de euros de endebedamento orzamentario e outros 1.000 millóns extraorzamentario, que quedarán de débeda para as vindeiras xeracións e non están a servir para dinamizar a economía.

A parlamentaria socialista evidenciou que nesta etapa de goberno do PP Galicia perdeu a converxencia de crecemento económico con España e a UE, mentres o Índice de Produción Industrial descendeu un 15,9 por cento, tres veces mais que no Estado. Criicou que a resposta da Xunta sexa “pasividade absoluta”, xa que en lugar de reforzar as políticas públicas e de apoiar a economía “bota balóns fora e mantén os brazos caídos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar