Caride esixe á Xunta que expoña “a verdade sobre o uso de copago na sanidade pública”

Caride esixe á Xunta que expoña “a verdade sobre o uso de copago na sanidade pública”

Caride esixe á Xunta que expoña “a verdade sobre o uso de copago na sanidade pública”

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, esixiu á Xunta que explique “a verdade sobre o uso do co – pago na sanidade pública”. Así o dixo nunha Interpelación na que reclama ao Executivo que presente a situación financeira real do Sergas.

Os socialistas galegos reclaman ao Goberno de Feijóo que explique “con absoluta claridade” as súas previsións para a introdución de fórmulas de co – pago na sanidade galega e a qué servizos afectará. Caride lembrou que foi a Xunta quen incorporou este modelo como fórmula de financiamento da sanidade galega coa súa publicación no decreto do DOG do pasado 10 de marzo.

Tamén esixe ao Goberno galego que explique a contía anual que suporá a privatización da construción, conservación e xestión de servizos en hospitais e centros de saúde a través do financiamento público – privado. A responsable socialista reclama ao Goberno de Feijóo que explique si poderá manter o actual catálogo de servizos e prestacións atendendo aos compromisos de pago a futuro derivados deste modelo.

Caride sinala que o propio Feijóo “ven de advertir da grave situación que están a vivir as finanzas autonómicas e da dificultade de atender o sistema público de saúde” provocando unha elevada alarma na sociedade galega. Sinala que mentres o presidente da Xunta advertía dunha suposta débeda de 15.000 millóns de euros na sanidade estatal, a día de hoxe non explicou qué parte desa contía corresponde a Galicia.

Criticou que esta actitude “irresponsable e impropia dun presidente” xera dúbidas sobre a sostenibilidade do sistema público de saúde, que ven aumentar coa desconfianza xerada polo incremento do prazo de pago a provedores do Sergas. Dixo que de acordo cos datos de Farmaindustria Galicia foi a autonomía que mais aumentou a débeda en fármacos entre xaneiro e marzo, ata os 236 millóns, e cunha demora no pago de 217 días.

Sobre esta desconfianza, engadiu, tamén incide a incorporación do co – pago como fórmula de financiamento, a privatización das infraestruturas e servizos hospitalarios a través do financiamento público – privado ou a eliminación de servizos en áreas sanitarias.

Acusou ao presidente da Xunta de xerar “alarma” na sociedade galega “non só polo que poden supoñer a futuro senón pola realidade que día a día perciben os cidadáns de Galicia co incremento das listas de espera, o abandono das doenzas non prioritarias ou a perda de prestacións respecto doutros territorios”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar