Caride esixe a Feijóo que explique porque NCG quedou tan só co 15 por cento do banco

Caride esixe a Feijóo que explique porque NCG quedou tan só co 15 por cento do banco

Caride esixe a Feijóo que explique porque NCG quedou tan só co 15 por cento do banco

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, esixiu ao presidente da Xunta que “abandone dunha vez o papel de vítima” e explique a súa xestión para que NCG quedara finalmente “tan só coa participación do 15 por cento do banco”.

Criticou a “frivolidade e irresponsabilidade” amosada polo presidente da Xunta, que actuou como “xerador de desconfianza” ao suxerir que a Xunta cambiou a valoración de NCG e intentar “dar a sensación de que o mapa financeiro só responde a politización do sistema”. Engadiu que segundo o papel activo que el mesmo se asignou, debe dar conta de por qué “non foi quén de introducir unha participación maioritaria no banco, como si fixeron Cataluña, Euskadi ou Madrid”.

Caride dixo ao presidente da Xunta que “xa está ben de facerse a vítima” nun proceso “reflectido en imaxes”, con Feijóo “sempre presente nas fotos da fusión e chorando emocionado pola chegada de Castellano”. Agora, engadiu, “borrouse da foto, e hoxe está botando de novo bágoas, pero de lamento”.

Sinalou que “Galicia precisa dun goberno que deixe o vitimismo e dea explicacións claras do que está a pasar co sistema financeiro galego”, así como da estratexia económica da Comunidade Autónoma. Advertiu que a realidade é que Feijóo “non ten folla de ruta nin estratexia”, como evidencia a falla de sincronía entre o teito de gasto e o Plan Estratéxico, xa que este ano “faltan 1.800 millóns” e nos dous próximos faltan mais de 4.200 para cumprir cos obxectivos fixados “xa de por si conformistas.

Copago

Caride criticou que mentres o presidente da Xunta demostra que “non ten clara a aplicación do imposto do patrimonio para as rendas mais altas, quere implantar o copago nos servizos públicos e transformar dereitos en caridade”. Así o dixo logo de que Feijóo anunciara que os servizos públicos deberán pagalos quen mais teña.

En opinión da responsable socialista este anuncio supón a “quebra do Estado do Benestar” para implantar uns servizos públicos “de beneficencia” e outro servizo privado “para quen teña un nivel de renda alto” cambiando unha sanidade “de primeira” polo “modelo estadounidense”. Dixo que corresponde á “axenda oculta” do PP, que ten “agochado un informe de Faes a favor do copago ata despois das eleccións”.

Advertiu que Feijóo quere que a sanidade e a educación sigan o mesmo camiño que os libros de texto gratuítos, un dereito que foi “eliminado” coa “escusa” de que pagaran as rendas altas, cando a realidade é que “desapareceron os libros de texto gratuítos pese a ser un modelo mais barato”.

A responsable socialista salientou que debe ser o sistema impositivo o que garanta os ingresos necesarios para poder prestar servizos públicos básicos de calidade “non o copago nin a caridade”.

Débeda
Criticou que a xestión de Feijóo teña incrementado nun 76 por cento o nivel de débeda pública para Galicia, 3.000 millóns de euros mais que a débeda de toda a historia de Galicia en só dous anos e medio, chegando aos 6.923 millóns de endebedamento que se coñeceron hoxe. Dixo que o realmente grave deste endebedamento é que “ninguén sabe para qué serviu”, xa que a Xunta “renunciou a reactivar a economía e a facer nada pola economía galega”.

Caride advertiu que a pesares do incremento galopante da débeda pública, “hoxe Galicia diverxe de España, deixando atrás a senda da converxencia”, o desemprego aumenta o dobre que no Estado e a licitación de obra pública titularidade da Xunta caeu nun 40 por cento.

Ademais, engadiu, a Xunta impuxo un teito de ingresos no pasado Pleno do Parlamento demostrando que “renuncia a conseguir mais recursos para o desenvolvemento das políticas sociais e o investimento a pesares de ter cada día unha eocnomía mais deteriorada e menos postos de traballo en Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar