Caride denuncia “o freazo” de Feijoo no pagamento das certificacións de obra

Caride denuncia “o freazo” de Feijoo no pagamento das certificacións de obra

Caride denuncia “o freazo” de Feijoo no pagamento das certificacións de obra

A portavoz Facenda do Grupo Parlamentario Socialista Maria Jose Caride interveu hoxe no Pleno da Cámara para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre o importe de certificacións de obra que abonou a Xunta dende agosto de 2011.

Caride lembrou na súa intervención que o Goberno Galego comprometeuse a pagar en prazo aos provedores e contratistas. Subliña que esta medida é imprescindible para eliminar os intereses de demora, e tamén resulta fundamental para proporcionar financiamento ás empresas ao permitirlle o pago aos seus provedores.

A deputada socialista dixo que fronte as promesas do Goberno de Feijoo neste asunto, replicou que so “apoia a financiacion dos proxectos empresariais solventes dos amigos e familiares daquelas persoas que están traballando no IGAPE”, espetou.

A parlamentaria explicou que os medios de comunicación fixéronse eco das informacións que reflicten esta nefasta xestión da Xunta, como por exemplo “que a Xunta non paga Agamar, ou que hai problemas para o pago da factura de Farmacia”.

Nese senso Caride amosou a preocupación do Grupo Parlamentario Socialista neste asunto, e lembroulle á Conselleira de Facenda, como cando era interventora da Xunta a atopou agochada nun caixón unha factura sen pagar da sanidade, e cando era Vicepresidente do Goberno Autonómico, Núñez Feijoo”. E insistiu nas súas criticas “lembra tamén que a Xunta pagaba 10 millóns de euros ao ano de intereses de demora”.

Así as cousas a portavoz Facenda afirma que a Xunta pechou o exercicio orzamentario a 30 de setembro, e denuncia que “non paga unha certificación dende 1 de agosto, e non emite ningunha certificación dende o 1 de setembro”. Preguntou si esta é a estratexia de Feijoo para fomentar o tecido productivo da nosa Comunidade.

Tralo turno de replica e cos datos na man Caride explica que si a Xunta recoñecer que levamos pagados en todo ano 690 millóns de euros, e a partir de agosto so 74 millóns, entón podemos falar de “freazo, o que supón un 15% do que se pagou no resto do ano”.

Paralizacións no Corredor Sarria-Monforte

A deputada dixo “agora non nos estraña que as obras de infraestructuras quedan paradas”, e sinalou que resultaba curioso as paralizacións do Corredor Sarria-Monforte ou a variante de Ortigueira.

Sobre o pagamento da factura farmacéutica aseverou que “a Xunta vai en deriva, xa que non imos acabar de pagar ata o mes de outubro”.

Por ultimo preguntou cantos meses ten activo o orzamento da Xunta para aceptar gastos, xa que advirte que a Orde de peche de exercicio remata calquera actuación a 30 de setembro. Explica que no ano 2009 a súa propia Orde remataba o 13 de novembro “mes e medio que marchou e que desapareceu”, e sinala que “hai 3 meses en que a Xunta non pode aceptar un novo gasto, e o mes de xaneiro non é operativo”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar