Caride denuncia “connivencia clara” da Xunta cos altos cargos de NCG para agochar os salarios

Caride denuncia “connivencia clara” da Xunta cos altos cargos de NCG para agochar os salarios

Caride denuncia “connivencia clara” da Xunta cos altos cargos de NCG para agochar os salarios

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, denunciou hoxe “connivencia clara” da Xunta cos altos cargos de NCG Banco. No debate dunha Interpelación parlamentaria, dixo que na Xunta “teñen moito que ocultar (...) e por iso non revelaron os soldos e salarios”.

Caride reclamou de novo unha Comisión de Investigación para “ofrecer explicacións aos galegos e galegas” sobre o proceso que acabou coas caixas galegas. Dixo que “Galicia está conmocionada e non entende a súa prepotencia” e engadiu que “Feijóo di que quere investigar pero que non é o momento, o que empeza a parecer parte da axenda oculta, cando lemos que o PP apunta unha nova rolda de fusións” de chegar ao goberno.

A responsable socialista dixo que na Xunta coñecían as indemnizacións e retribucións dos directivos de NCG “dende hai mais de un ano e adoptaron unha posición pasiva, non fixeron nada” mantendo os contratos ata que a denuncia polas indemnizacións saltou aos medios de comunicación. Lamentou o desleixo do goberno galego “diante duns señores que levaron 40 millóns de euros a pesares de que algo terían que ver con que perdéramos as caixas”.

Engadiu que Feijóo “evidencia que chegou tarde” escollendo ademais a solución “máis fácil” de “botar a culpa a todo o mundo” e non asumir responsabilidades. Reclamou unha actitude semellante á que tomou o goberno de Madrid, que na saída de Blesa da dirección de Cajamadrid, o propio Rodrigo Rato impediu que se levara 25 millóns de euros de indemnización.

Advertiu que “en 2010 igualaron tódolos contratos por arriba e non plantexaron nada”, e lembrou que os medios denunciaron un aumento do 71 por cento nas retribucións de NCG con cartos públicos no mes de abril. Lamentou que o Goberno galego “sempre recorde 2006, cando as caixas tiñan beneficios e non había cartos públicos” mentres que esquece as súas competencias e responsabilidades en 2010, cando se confirmaron os contratos de alta dirección.

Respecto á responsabilidade do Consello de Administración e as alusións da conselleira de Facenda sobre o comportamento dos seus membros, a responsable socialista sinalou que o copresidente de NCG Banco, Mauro Varela, foi deputado “de extenso percorrido” no Parlamento de Galicia da man do PP, mentres “tamén hai alcaldes do PP no Consello de Administración” da entidade.

Ante unha situación que ten “conmocionada e indignada á sociedade galega”, na que como resultado da xestión do presidente Feijóo “non temos caixas e onde había un banco hoxe hai unha marca comercial”. Resulta sorprendente, engadiu, que o presidente da Xunta “presuma” do resultado mentres responsabiliza a outros da desfeita e se nega a investigar e dar a cara.

María José Caride acusou ao goberno galego de “presumir de xestión coa mesma desfachatez coa que presumen de que o desemprego medre en Galicia máis que no resto do Estado”.

Obra social

A responsable socialista esixiu ao goberno galego que “non enganen” coa continuidade da obra social de NCG en Galicia, xa que “os empregados afirman que necesitan un mínimo de 25 millóns de euros para garantir as mesmas prestacións que hai hoxe”, cando a realidade é que dispoñen de 5 millóns para os próximos 3 anos.

Caride criticou que o presidente da Xunta “dixo que apoiaría a NCG Banco na medida en que a institución tamén apoiara a Galicia” e que “acadaría a súa implicación en Galicia e na obra social de Galicia”. A realidade, evidenciou, é que “buscan investidores e proxectos dentro e fora de Galicia, para comprar barato, vender caro e marchar cos beneficios a outra parte” o que “non ten nada que ver con Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar