Caride demanda á Xunta axilizar pagos e limitar o modelo de financiación público-privada

Caride demanda á Xunta axilizar pagos e limitar o modelo de financiación público-privada

Caride demanda á Xunta axilizar pagos e limitar o modelo de financiación público-privada

A portavoz Facenda do Grupo Parlamentario Socialista Maria Jose Caride acusou hoxe ao Goberno de Feijoo de agochar facturas no caixón. Caride fixo esta afirmación na Comisión 3ª do Parlamento, na que compareceu a Interventora Xeral da Xunta para dar conta das recomendacións do Consello de Contas. Advirte que Galicia funciona moito peor, e non mellorou nada na lexislatura de Feijoo.

A portavoz de Facenda afirma que no exercicio do ano 2005, baixo a Presidencia de Manuel Fraga e Núñez Feijoo, incumpriuse a execución orzamentaria da Xunta e lembra “que as contas estaban intervidas, xa que había un plan de saneamento das contas publicas”. Replica que a partir destes datas pagáronse as débedas pendentes da administración autonómica de anos anteriores, “e que superaban en materia de sanidade os 400 millóns de euros, e que estaban agochadas nun caixón”.

Caride di que o rigor orzamentario indica que Galicia “vai superar o limite máximo de déficit establecido para as Comunidades Autónomas”, no exercicio de 2011. Por iso advirte que a nosa Comunidade “incumprira o marxe establecido”.

Na súa intervención denunciou que “non deixa de ser sorprendentes as constantes soflamas de Feijoo sobre o estricto cumprimento dos pagos da Xunta, e do seu grado de cumprimento”. A deputada advirte que “so fai falla levantar a vista de San Caetano, e mirar arredor para comprobar que a día de hoxe as persoas que se xubilaron no mar (con anticipación) aínda non cobraron a parte que lles corresponde, as mariscadoras non cobran desde xuño, os libreiros están esperando que se lles paguen as facturas dos libros e os farmacéuticos non cobraran a factura do pasado mes de novembro ata xullo de 2012 ”.

Por todo isto acusa ao Goberno de Feijoo “de non cumprir os seus compromiso, e de agochar as facturas na caixón”, espetou “algo que nos preocupa especialmente”.

Hai que poñer limites

Sobre as colaboracións publico-privadas dixo que o propio Consello de Contas advirte que esta formula “ten problemas, porque aínda que non se computa como débeda da Comunidade Autónoma, non deixa ser un compromiso de pago a futuro da Comunidade”. Nese senso demandou “establecer limites”, para comprobar que a Xunta “vai a ser capaz de asumir os compromisos de pago que ten establecidos”, e polo tanto pode poñer en cuestión a sostenibilidade das finanzas publicas.

A maiores denuncia que este tipo de decisións “non teñen ningún tipo de control parlamentario, xa que é unha decisión do Consello da Xunta”, como por exemplo co tema do financiamento do Hospital de Vigo. E lembra que o propio Informe do Consello de Contas “advirte que antes asumir un compromiso de colaboración publico-privada hai que establecer uns limites”, como por exemplo ter en conta o aforro bruto da Comunidade Autónoma”. E coas cifras na man asevera “que con ese dato Galicia non pode asumir unha nova colaboración publico-privada”.

Concurso do Morrazo

Caride advirte doutras recomendacións do Consello de Contas, como deixar deserto o concurso do Morrazo “esperemos que estea ben documentada”, porque “non ten xustificación posible”. Reclamou explicacións por esta paralización. Ademais demandou explicacións sobre o financiamento publico-privado do mantemento e conservación das estradas do Morrazo , xa que denuncia que a Xunta mudou este contrato “para outorgarllo a unha empresa privada. E insistiu nas súas criticas “que xustificación da o Goberno de Feijoo a este asunto?”, e cualificouno de “inaudito”.

Consellería do Mar so executou o 30% do orzamento

A portavoz de Facenda preguntou que tipo de rigor orzamentario promulga Feijoo, cando a Consellería do Mar “no terceiro trimestre do ano, leva menos do 30% do orzamento executado, e para melloralo danse créditos de baixa a final de ano, algo que nunca se fixo, co único fin de maquillar as súas contas”, insistiu.

Sobre o gasto farmacéutico explica que “na pasada lexislatura pagábanse tódolos meses, pero agora non sabemos que mes se esta pagando”, advertiu.

Sistema de cama quente

Por ultimo dixo que hai moitos cidadáns que en tempo de crise están esperando poder cobrar a Risga “pero ninguén lles autoriza o seu cobro, xa que funciona como un sistema da cama quente, ata que a cama este baleira non entra ningún demandante novo, a pesar de que a pobreza aumenta en Galicia”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar