Caride defende que o traballo do CES é imprescindible e acusa a Feijóo de "afogar" este organismo

Caride defende que o traballo do CES é imprescindible e acusa a Feijóo de "afogar" este organismo

Caride defende que o traballo do CES é imprescindible e acusa a Feijóo de "afogar" este organismo

A portavoz Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Maria Jose Caride dixo que o “CES (Consello Económico e Social) non pode ser so un nome, e un rotulo, ten que ser algo mais”. E insistiu “o seu traballo é imprescindible”, e acusou a Feijoo “de afogar este organismo”. Afirma que a súa labor “é fundamental”, por iso reclama recursos suficientes “para que poida realizar o seu traballo”.

Caride interveu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento, trala comparecencia da Presidenta do CES, Corina Porro, na que deu conta dos orzamentos do seu departamento.

A deputada lembrou que fai un ano o Presidente do CES advertiu en sede parlamentaria dos recortes nas contas deste organismo, e anunciaba un déficit que non estaba nos orzamentos. Así as cousas anuncia que o PSdeG-PSOE presentou unha emenda á totalidade do orzamento do CES para que poida desenvolver a súa labor. Advirte que onte rematou o prazo para presentar as emendas e o Grupo Parlamentario Socialista non tiña coñecemento das contas deste departamento (a comparecencia é hoxe).

Caride afirma que o CES é un organismo necesario, e tamén un organismo consultivo cuios informes preceptivos son fundamentais para coñecer as distintas sensibilidades sociais de Galicia, e para que o Goberno Autonómico poida coñecer os problemas que poden ocasionar as distintas lexislación se regulacións que propón.

Por iso argumenta que o traballo do CES é un traballo necesario “xa que non é soamente o Goberno Autonómico quen precisa destes traballos, senón os cidadáns de Galicia e o propio Parlamento”.
Castela A Mancha

A portavoz socialista critica a “deriva” que esta tendo este organismo, xa que denuncia que a Xunta “esta apretando o cinto neste ente”, cuias resolucións poden ser incomodas para o Goberno de Feijoo. E lembrou que as Cortes de Castela A Mancha, onde gobernan o Partido Popular, veñen de suprimir este organismo como medida de austeridade sen importar as consecuencias.

Lei de acompañamento

A deputada socialista aludiu á Lei de Acompañamento, dixo que o CES sinala que esta normativa é inadecuada “eu supoño que esto ten que ser incomodo para o Goberno de Feijoo”, replicou.

Farmacias de Garda

Caride tamén se referiu as medidas propostas polo Goberno de Feijoo coas farmacias de Garda da nosa Comunidade. Sobre este asunto o CES pon de manifesto que a Xunta defende os intereses privados e esquecese dos intereses dos cidadáns galegos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar