Caride cualifica os orzamentos da Xunta de “conto chino” pola falla de rigor e os incumprimentos reiterados de Feijóo

Caride cualifica os orzamentos da Xunta de “conto chino” pola falla de rigor e os incumprimentos reiterados de Feijóo

Caride cualifica os orzamentos da Xunta de “conto chino” pola falla de rigor e os incumprimentos reiterados de Feijóo

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, cualificou os orzamentos da Xunta de “conto chino” porque “baséanse en premisas falsas” e Feijóo “nos ten afeitos a non executar os orzamentos que presenta”. Así o dixo logo de ter recibido no Parlamento os Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2012.

Amosou a “decepción” das contas de 2012 e anunciou a emenda á totalidade dos socialistas galegos pola caída dos orzamentos destinados aos servizos públicos e do investimento produtivo. Advertiu que estes orzamentos anuncian o incremento do endebedamento, co que “Feijóo terá gastado a finais de 2012 4.000 millóns de euros mais dos que tiña, mais que duplicando o endebedamento de toda a historia de Galicia”.

Caride acusou ao presidente da  Xunta de “dar as costas aos galegos e galegas” nun orzamento no que “o único que medra é o gasto financeiro”, co que “deixa aos cidadáns tirando do país eles solos e sen apoio da Xunta”. É a mesma estratexia, apuntou, de quen “espera a que cambie o tempo para apagar os incendios e espera a que chova para solucionar o problema da seca”.

Advertiu que con estes orzamentos Galicia “continúa perdendo converxencia con España” e ademais resultan “opacos” porque “se sigue apostando pola Lei de Acompañamento” para “agochar” as súas decisións. Este orzamento abre tamén a porta ao copago na sanidade ao obrigar a pagar por primeira vez dez euros a tódolos galegos e galegas pola tarxeta sanitaria.

A responsable socialista acusou a Feijóo de situar os intereses das empresas “por riba do benestar dos cidadáns e da súa calidade de vida” ao permitir a retirada das gardas nas farmacias, impedindo aos galegos e galegas acceder ás medicinas fora de horario. A Lei de Acompañamento tamén leva a cabo a reforma da Lei de Ordenación do Territorio co obxectivo de “poñer o territorio galego ao servizo do PP”.

Caída libre

Caride criticou que os orzamentos da Xunta continúan a recortar os recursos destinados á sanidade, educación e emprego, e cualifica de “temeridade” a redución de 20 millóns de euros dos orzamentos destinados ao emprego con relación ao ano pasado. Acusou á Xunta de anticipar “uns peores servizos públicos para 2012”.

A responsable socialista sinalou que os orzamentos destinados a investimento produtivo “se atopan en caída libre”, xa que se reducen á metade os recursos dedicados á modernización de Galicia e ao apoio aos sectores produtivos dende 2009, co recorte “máis radical e drástico da historia da Comunidade Autónoma”.

Engadiu que o goberno galego “carece literalmente de estratexia fronte á crise”, xa que “faltan mais de 3.000 millóns de euros do orzamento destinado ao Plano Estratéxico Galicia 2011-2014”.

Falta de rigor

En definitiva, os orzamentos da Xunta carecen do rigor esixido ás da administración autonómica xa que parten da premisa de que Galicia vai ir mellor que a economía de España. Lembrou que o propio estudo da Xunta para aprobar o teito de gasto apuntaba a perda de converxencia e que cando a economía nacional repunte “as súas potencialidades son mellores que as galegas”.

“Hoxe en día non existe –engadiu- unha soa variable económica que indique que Galicia vai ir mellor que España”, e aludiu á caída do Índice de Produción Industrial nun 5,5 por cento, mentres a nivel nacional crece. Ademais, as altas á Seguridade Social diminúen no Estado un 1,1 e en Galicia redúcense un 2,4 por cento, e mentres as pernoctas de turismo aumentan en España un 8,6 por cento en Galicia descenden un 11,4 por cento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar