Caride critica que o PP rexeite o pago en prazo das facturas do Sergas

Caride critica que o PP rexeite o pago en prazo das facturas do Sergas

Caride critica que o PP rexeite o pago en prazo das facturas do Sergas

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, criticou que o PP teña rexeitado na Comisión de Economía unha iniciativa socialista para garantir o pago en prazo das facturas da Xunta na mesma sesión na que minutos antes o director xeral de Recursos Económicos do Sergas admitira, en resposta a unha pregunta socialista, un retraso de a lo menos 121 días nos pagos das facturas do Sergas.

Caride criticou a “dobre moral, o dobre discurso e dobre mensaxe” da Xunta sobre este asunto xa que mentres Feijóo comprométese a pagar “ao día” as facturas e o PP asegura que paga “en prazo” a Xunta ven de admitir un retraso que cando menos duplica o retraso de 56 días aos que se reduciu o prazo durante o goberno socialista. Lembrou que os farmacéuticos elevan o retraso no pago a 181 días durante 2010.

Explicou que estes datos evidencian un retraso no pago de catro meses, segundo a versión da Xunta, ou de seis, segundo os farmacéuticos, ao que hai que engadir o custe adicional de intereses de demora. Advertiu que a Xunta vai camiño de repetir a situación que os socialistas atoparon na chegada ao Goberno galego, con 400 millóns de euros en facturas sen pagar do Sergas e uns intereses de demora de 10 millóns.

A responsable socialista esixiu ao PP que se comprometa co “pago das facturas que se emitan” e rexeitou a estratexia de “enganar, mentir e descualificar” para que logo os responsables da Xunta admitan estes retrasos.

Caride reclamou que a Xunta atenda en prazo todas as súas obrigas de pago, ademais de rexistrar e pagar cada ano 12 meses de gasto farmacéutico, cumprindo ademais en prazo os compromisos derivados de convenios asinados polo Sergas, especialmente aqueles que leven aparellado o pago de nóminas. Lembrou a situación do hospital de Povisa, no que a Xunta provocou un conflito laboral polo pago das nóminas dos traballadores.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar