Caride critica o veto do PP a limitar a colaboración público-privada na Xunta

Caride critica o veto do PP a limitar a colaboración público-privada na Xunta

Caride critica o veto do PP a limitar a colaboración público-privada na Xunta

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, criticou no pleno o “veto do PP” a limitar a colaboración público – privada na Xunta. Así o dixo no debate da Lei de Disciplina Orzamentaria que os socialistas apoiaron a pesares disto “por responsabilidade” e porque supón un “antídoto” contra o crecemento galopante da débeda provocado pola Xunta.

Caride lamentou o rexeitamento do PP ás emendas socialistas para limitar a colaboración público – privada que, dixo, “deixan as mans libres para o gasto extraorzamentario” por parte da Xunta. Dixo que este mecanismo hipoteca os orzamentos de Galicia durante seis lexislaturas para financiar o Hospital de Vigo e os novos centros de saúde, deixándoos ademais en mans privadas.

Explicou que con este modelo a Xunta limita a calidade dos servizos públicos e obriga a pagar catro veces mais do seu custe real a través dunha decisión tomada de xeito unilateral “sen consultar, sen aprobar polo Parlamento e sen informar á Cámara”. Tamén criticou que o PP rexeitara hoxe as emendas socialistas para a creación dunha Oficina de Control Orzamentario no Parlamento que fora proposta no seu día polo propio PP.

A responsable socialista explicou que os socialistas votaron a favor desta Lei, malia as negativas do PP a estas emendas, por “responsabilidade” e porque constitúe “un antídoto do PP contra vostedes mesmos”. Salientou que esta norma establece un teito de gasto logo de que Feijóo provocara “o maior crecemento da débeda pública en 20 anos” e logo de mudar a tendencia á diminución consolidada na pasada lexislatura.

Dixo que “o problema non é só o incremento do endebedamento, senón que non sabemos para qué nos hipotecamos, xa que a pesares disto descende a licitación de obra pública e o investimento en I+D e manteñen anulada a política industrial”. Presentou os datos de

Advertiu que nos últimos dous anos o PP “está xerando unha contía perigosa de endebedamento público” e presentou os datos polos que entre 2009 e 2011 a débeda pública incrementouse un 57 por cento, pasando de 3.900 a 6.162 millóns de euros, e a débeda respecto do PIB “pasou de 7 a 11,2 por cento”. Ironizou sobre si estes datos corresponden ao “nivel prudente e evolución estable da débeda” que determina a Lei.

Caride amosouse de acordo co “95 por cento da Lei que supón unha transposición do Real Decreto de Estabilidade Orzamentaria”, pero explicou que o texto presentado pola Xunta supón tamén unha “cortiña de fume” por canto só será aplicable cando a economía galega medre mais do 2,5 por cento “o que non vai ocorrer nesta lexislatura”. Dixo que “excepto o teito de gasto, todo o demais ten un efecto inocuo”.

Logo do debate, Caride amosou a súa “sorpresa” polo feito de que a conselleira de Facenda renunciara a intervir diante da Cámara autonómica a pesares de que de acordo co PP se tratara coa Lei mais importante da lexislatura, a pesares do cal o mesmo presidente da Xunta non estivo presente.

Emendas

O texto aprobado hoxe incorporou seis emendas socialistas, catro delas transaccionadas, que determinan que o proxecto de orzamentos da Xunta incorpore un anexo cos compromisos de pago a través da colaboración público – privada xa contraídos e aqueles que se viñan executando dentro do orzamento.

Estas emendas tamén incorporan que a Xunta presente no Parlamento o informe de conxuntura económica que determina o teito de gasto, redefine o principio de plurianualidade e incorpora o criterio da eficiencia no límite de gasto público.

Burato sanitario

A responsable socialista esixiu ao presidente da Xunta que explique “cánto dese suposto burato de 15.000 millóns de euros na sanidade pública que ven de denunciar correspóndelle a Galicia. Criticou así o “ruído” provocado polo PP para “poñer en dúbida a credibilidade das finanzas autonómicas” denunciando “supostas contas non claras, facturas non rexistradas e mesmo destruídas”.

Dixo que “demostra que hai partidos aos que todo lles vale con tal de conseguir un obxectivo electoral” e recordoulle á propia conselleira de Facenda a situación atopada en 2005, cando era interventora xeral da Xunta de Galicia e certificou un burato de mais de 400 millóns de euros na sanidade pública galega provocado pola xestión de Fraga anterior a 2004.

Lembrou que a Xunta tiña que pagar daquela 10 millóns de euros anuais só en intereses de demora, mentres as fundacións sanitarias estaban “en quebra” e houbo que investir 23 millóns de euros para o saneamento dun modelo que “gustáballe moito a Feijóo, que defendía unha suposta maior eficiencia do gasto público tal e como fai hoxe co financiamento público – privado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar