Caride anuncia que volverán pedir a comisión de investigación sobre NCG e acusan ao PP de “non querela antes das eleccións do 20 N”

Caride anuncia que volverán pedir a comisión de investigación sobre NCG e acusan ao PP de “non querela antes das eleccións do 20 N”

Caride anuncia que volverán pedir a comisión de investigación sobre NCG e acusan ao PP de “non querela antes das eleccións do 20 N”

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, anunciou hoxe que o PSdeG-PSOE volverá pedir a Comisión de Investigación sobre a desaparición das caixas galegas e as indemnizacións aos ex directivos. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei para esixir a devolución destas indemnizacións que será votada mañá.

Caride esixiu ao PP que “non nos tomen o pelo” logo de que hoxe pola mañá votaran contra esta proposta de Comisión de Investigación presentada polos socialistas. Sinalou que “a primeira hora da tarde –no debate dunha moción- quixeran votala en novembro e a última –no debate da proposta socialista- apunten ao 15 de decembro”, en alusión á intervención do portavoz do PP Pedro Puy, o que cualificou sarcasticamente de “un pouco raro”.

Reclamou así unha “Comisión de Investigación sen límites, que analice o comportamento de todos e que se investiguen as responsabilidades de todos” e analizar por qué Galicia pasou de ter dúas caixas no territorio a ser a única comunidade histórica sen entidade financeira propia logo da intervención do presidente da Xunta.

Caride desbotou “presión mediática” para “sacar as cores a NCG” e apuntou á “presión social” dunha cidadanía “enfadada, avergoñada e indignada pola situación na que se volatilizou a nosa caixa”. Chamou a ser “consecuentes, responsables e aportar información” como “a mellor forma de tranquilizar á poboación”.

Devolución das indemnizacións

Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei para esixir a devolución das indemnizacións dos exdirectivos da entidade, que percibiron en torno a 40 millóns de euros logo de ter abandonado NCG. Chamou a consensuar cos outros grupos un acordo “de mínimos” para acadar as devolucións, garantir obra social e lexislar a fundación especial derivada da anterior entidade.

A responsable socialista lembrou que esta é a terceira vez que é presentada a proposta para acadar a devolución destes cartos, e lembrou que as dúas anteriores, así como a proposta de Comisión de Investigación, foron desbotadas por mor do “rodillo do PP”.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar