Caride advirte que o PP “quere agochar a súa axenda oculta de copago nos servizos públicos ata despois do 20 – N”

Caride advirte que o PP “quere agochar a súa axenda oculta de copago nos servizos públicos ata despois do 20 – N”

Caride advirte que o PP “quere agochar a súa axenda oculta de copago nos servizos públicos ata despois do 20 – N”

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, advertiu hoxe que o PP “quere agochar a súa axenda oculta de copago na sanidade ata despois das eleccións do 20-N”. Así o dixo no debate dunha Interpelación na que esixiu á Xunta que retire a orde que establece este sistema como alternativa para o financiamento, ao que o Goberno galego negouse.

Caride lembrou que Rajoy aprazou a presentación pública dun informe da fundación Faes sobre o modelo de financiamento ata o mes de decembro, despois das eleccións do 20 – N, “para non espantar aos votantes moderados”. Dixo que a realidade é que “temos medo” porque “non queremos peaxe na sanidade e non queremos mais copago.

A responsable socialista amosou unha “preocupación grande” pola intención do PP de “abrir portas que teñen que estar ben pechadas –como o copago- e pola súa confusión á hora de entender cómo funciona o sistema impositivo”. Descualificou as declaracións do presidente de Murcia sinalando que os cidadáns deben participar do custe da sanidade ou educación cando “a realidade é que xa participan a través dos seus impostos”.

Criticou a “teima” do PP de que “pagar impostos é malo e non se poden subir” e sobre que “a prestación de servizos públicos pola iniciativa privada sempre é mellor”. Reclamoulles que “tomen conciencia do que pode ocorrer no Hospital de Vigo” que poden seguir o camiño de rescate público dos hospitais británicos ou o de Alcira, que xa foi rescatado tres veces e volveron a adxudicalo “sempre á mesma empresa”.

Así, rexeitou “a concesión de hospitais e centros de saúde que atan de pes e mans ás administracións públicas durante mais de 20 anos mentres as empresas privatizan beneficios e socializan perdas”. Sinalou que a Asociación de Defensa da Sanidade Pública sitúa Galicia como unha das seis autonomías con “risco de privatización da sanidade”.

A parlamentaria socialista reclamou á Xunta a derrogación da orde da Consellería de Facenda de 3 de marzo de 2011, que establece o copago como fórmula de financiamento, xa que se non o fai estará abrindo a porta ao copago na sanidade e na educación.

Deste modo amosouse escéptica sobre os anuncios en contra emitidos polo PP no Parlamento porque “ata 3 veces afirmaron que farían a autovía Coruña – Carballo libre de peaxe ata que chegaron un día e instalaron as cabinas para pagar peaxe durante 50 anos”, polo que o PP “non é de fiar”.

Advertiu que os representantes dos transportistas anunciaron este verán que o sistema de transporte escolar era insostible e terían que aplicar o copago, e lembrou que “si antes había dereito á gratuidade dos libros de texto e Feijóo dixo que era insostible e que non pagaría os libros ao fillo dun rico, pola mesma regra de tres tampouco poderá pagar o transporte, o comedor, o pupitre, a consulta dun cardiólogo nin o médico de cabeceira, permitindo a privatización, o copago e o deterioro dos servizos públicos básicos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar