Caride advirte que a Xunta incrementará a débeda pública ata superar os 8.000 millóns de euros nos orzamentos de 2012

Caride advirte que a Xunta incrementará a débeda pública ata superar os 8.000 millóns de euros nos orzamentos de 2012

Caride advirte que a Xunta incrementará a débeda pública ata superar os 8.000 millóns de euros nos orzamentos de 2012

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, advertiu hoxe que os orzamentos da Xunta para 2012 situarán a débeda pública de Galicia por enriba dos 8.000 millóns de euros. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión parlamentaria sobre o aumento do endebedamento da Xunta e a caída do crédito dos galegos e galegas.

Caride advertiu que mentres o PP rexeita o endebedamento público no Estado e Feijóo na oposición dicía que supuña detraer recursos e dificultar o crédito, en 3 anos duplicou a débeda sumada en toda a historia de Galicia. Sinalou que en 2009 o endebedamento de Galicia era de 3.923 millóns, os orzamentos da Xunta para 2012 fan que supere os 8.000 millóns sen incorporar o correspondente ao financiamento público - privado.

A realidade, dixo, é que en só tres anos Feijóo ten duplicado a débeda acumulada en toda a historia de Galicia, medrando nesta etapa sete veces mais do que medrara en toda a pasada lexislatura. Criticou que malia estes datos o goberno galego non explique a qué está destinado o incremento galopante da débeda pública, xa que “a obra pública e o investimento produtivo están paralizados e as axudas ás empresas non chegan”.

A responsable socialista sinalou que por mor do endebedamento o acceso ao crédito para as familias galegas “vai francamente mal” xa que Galicia rexistra “a maior caída de crédito de toda España”, co que supón de “perda de oportunidades de financiamento para as empresas e as familias. Ademais, sinalou que os galegos e as galegas deberán continuar pagando os excesos de Feijóo durante 30 anos.

Engadiu que mentres Feijóo anunciara “moitos milagres” logo da chegada de Rajoy á Moncloa, anunciando que “acabaría coa crise económica e os problemas de financiamento”, a realidade dende a chegada de Feijóo á Xunta é que o rating da débeda pública de Galicia “baixa dous escalóns”.

Reprochou ademais ao presidente da Xunta que dende a súa chegada ao goberno galego non teña sido quén de acadar “nin un só euro” adicional procedente de créditos do Banco Europeo de Investimento. Dixo que a día de hoxe continúan xestionando os créditos concedidos ao Igape a xuro cero pola xestión do goberno socialista na pasada lexislatura.

Financiamento do Hospital de Vigo

Caride criticou que o Goberno galego afirmara na Comisión de Economía de hoxe que o Hospital de Vigo xa fora inaugurado cando “a realidade é que o único que hai no lugar onde debera estar a infraestrutura é un cartel da Xunta”. dixo que “a realidade virtual na que viven vostedes non ten nada que ver coa dos pais e nais de Galicia”.

A responsable socialista preguntou polos problemas de financiamento desta infraestrutura logo de que “parece ser que non se pode acadar o financiamento nas condicións establecidas na cláusula asinada con Novacaixagalicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar