Caride acusa ao PP de permitir o financiamento público privado de servizos públicos básicos “para beneficiar a un puñado de empresarios"

Caride acusa ao PP de permitir o financiamento público privado de servizos públicos básicos “para beneficiar a un puñado de empresarios"

Caride acusa ao PP de permitir o financiamento público privado de servizos públicos básicos “para beneficiar a un puñado de empresarios"

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, acusou ao PP de permitir o financiamento público privado de servizos públicos básicos “para beneficiar a un puñado de empresarios en contra dos usuarios”. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei para limitar este modelo de financiamento, que foi rexeitada polo PP.

Caride acusou ao PP de ver a sanidade “como negocio e non como un servizo público básico” co que “atenden antes á conta de resultados dunha empresa que aos cidadáns” e subliñou que se trata dunha materia “demasiado seria para xogar con ela”. Explicou que o financiamento público privado multiplica os custes e diminúe a calidade do servizo mentres “socializan as perdas e privatizan os beneficios”.

A responsable socialista defendeu que se limite este modelo de financiamento a investimentos produtivos que melloran a competitividade da economía “pero nunca aos servizos públicos básicos”. Explicou o risco deste modelo por canto “é imposible predicir qué servizos e prestacións necesitaremos mañá nun hospital, co que teremos á administración cautiva e dependente do que pida a empresa privada”.

Puxo como exemplo o caso do Hospital de Vigo, que ao aplicar esta fórmula de financiamento cuadriplicou o seu custe e a Xunta terá que pagar á empresa privada polo hospital e os centros de saúde 100 millóns de euros anuais durante 25 anos pola atención deste servizo. Advertiu que a empresa “será imposible de controlar” e lamentou que o PP rexeite establecer límites a este tipo de financiamento.

Desmantelar o Estado do Benestar

Caride criticou que o PP está a “desmantelar o Estado do Benestar sen dar ningunha explicación”, xa que asina este tipo de contratos sen debatelos, controlalos nin votalos polo Parlamento. Explicou que este financiamento non é aprobado xunto cos orzamentos da Xunta, e que “dáse a situación paradoxal de que o único gasto non controlado polo Parlamento é o que máis repercusións económicas ten sobre os orzamentos”.

A responsable socialista criticou que con este modelo de financiamento a Xunta “pode hipotecar Galicia ata o infinito” e lamentou que queira aplicalo tamén ao financiamento dos centros de saúde, co que “condicionan unha vez mais o servizo e a calidade deste aos custes dunha empresa concreta”.

Caride lembrou a experiencia do Reino Unido, que aplica este financiamento e onde “evidénciase que no servizo público de saúde socializan as perdas e as empresas quedan cos beneficios”. O mesmo sucedeu, dixo, no Hospital de Alcira, que xa foi rescatado tres veces polo goberno de Valencia, con tres novos concursos concedidos nas tres ocasións á mesma empresa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar