Caride acusa ao PP de “negar o estado do benestar” ao defender o copago no pleno do Parlamento

Caride acusa ao PP de “negar o estado do benestar” ao defender o copago no pleno do Parlamento

Caride acusa ao PP de “negar o estado do benestar” ao defender o copago no pleno do Parlamento

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, acusou hoxe ao PP de “negar o Estado do Benestar” ao rexeitar hoxe unha moción socialista que rexeitaba a aplicación do copago nos servizos públicos. Caride acusounos de “fomentar a dualidade dos servizos públicos” entre as rendas altas –privado de calidade- e baixas –de beneficencia-.

Caride instou ao PP a “apoiar o Estado do Benestar” apoiando a iniciativa debatida hoxe, e advertiu que, coa súa negativa, os conservadores demostran “que non confían no sistema impositivo para garantir servizos públicos básicos” e para redistribuír a riqueza e garantir a igualdade de oportunidades.

A responsable socialista criticou o discurso “rancio” da dereita galega e estatal, que se amosa “a favor do individualismo e a desregulación que causou a crise” e buscan “recortar e privatizar os servizos públicos básicos”. Criticou que “focalicen a cuestión no caros que son os servizos, pero sería moito mais caro non investir en educación ou rachar co modelo sanitario”, tal e como sucede, dixo, nos Estados Unidos.

Dixo que a educación e sanidade universais implantadas “grazas aos gobernos socialistas” demostran que “mantendo un nivel de gasto por debaixo da media da UE é posible manter uns servizos sanitarios de calidade e facer do servizo educativo a peza básica do modelo de convivencia”.

A oposición do PP a esta iniciativa contradí a esencia mesma da Facenda Pública e do sistema impositivo, xa que o PP rexeita que sirva para mellorar a distribución da renda e para garantir servizos públicos básicos.

Patrimonio

Caride cualificou de “curioso” que o presidente da Xunta afirmara que está a favor de que pague polos servizos públicos mais quen mais ten, mentres rexeita o imposto do patrimonio para quen supere os 700.000 euros ao tempo que anuncia rebaixas e recortes nos servizos públicos “que deterioran o noso futuro”. Dixo que esta afirmación supón implantar “o copago ou repago”, xa que abre a porta a pagar por un servizo público logo de telo pagado a través dos impostos.

Amosouse radicalmente en contra da proposta da presidenta de Madrid para que só sexa público o ensino obrigatorio, poñendo en cuestión a universalidade do bacharelato e a FP. Advertiu que a dirección do PP “agocha o informe Faes sobre o copago ata despois das eleccións por medo a unha desbandada de votantes moderados”.

A responsable socialista advertiu das “sorprendentes declaracións” da exministra de sanidade do PP, Ana Pastor, que, lembrou, “advertiu que xa miraremos a remuneración do persoal sanitario e en concepto de qué” en lugar de tomar as medidas para garantir un servizo sanitario de calidade.

Engadiu que a postura do PP en contra dos servizos públicos xa ten consecuencias en Galicia, onde os recortes da Xunta provocan que “os galegos e galegas non poden ter un profesor de apoio para os seus fillos, e veremos si poderán dispoñer dos medicamentos axeitados e atención sanitaria, xa que moitos centros quedaron sen médicos no verán, e agora non sabemos si nos van poder levar en ambulancia”.

Iniciativa

Os socialistas presentaron hoxe unha iniciativa para que a Xunta “rexeite o copago na prestación de servizos públicos básicos, nomeadamente na sanidade e na educación”, que foi rexeitada polo PP en solitario. Tamén reclamaba que o Goberno galego promova e apoie as actuacións precisas “para garantir que o sistema impositivo garanta a prestación dos servizos públicos básicos e promova unha xusta distribución da renda e da riqueza”.

Finalmente, reclamou que modifiquen a orde do 3 de marzo de 2011 da Consellería de Facenda para “eliminar o modelo de financiamento prezo privado – copago para a prestación de servizos públicos básicos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar