Caride acusa ao PP de introducir o cobro por acudir ao médico, a urxencias ou ao hospital

Caride acusa ao PP de introducir o cobro por acudir ao médico, a urxencias ou ao hospital

Caride acusa ao PP de introducir o cobro por acudir ao médico, a urxencias ou ao hospital

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, dixo que o PP “introduce o cobro por acudir ao médico, a urxencias ou ao hospital”. Así o dixo na Comisión de Sanidade, logo de que o PP votara en contra dunha proposta socialista para “rexeitar o copago como fórmula de financiamento dos servizos sanitarios públicos”.

Acusou ao PP de optar “pola ambigüidade” ao poñer en cuestión a sanidade pública amparando o copago sanitario e “enviar a mensaxe de que cando os galegos e galegas enfermen vaian preparando a carteira”. Dixo que o PP confirma así o que dixo Feijóo de que habería que pagar por atención médica, polo uso de urxencias ou polo ingreso hospitalario, ao equiparar as convalecencias ao desfrute “dunha pensión en vacacións”.

Advertiu que este discurso do PP cuestiona que a atención sanitaria básica sexa financiada polos impostos e cuberta entre todos “nun exercicio de solidariedade”. Dixo que están “abrindo unha porta que os socialistas queremos manter ben pechada e que constitúe un piar básico do Estado do Benestar” como é rexeitar “calquera tipo de copago na atención sanitaria pública”.

Caride dixo que con esta estratexia o PP quere “facer mais atractivos os seguros privados” e abre a posibilidade de implantar dous modelos de atención sanitaria distintos, un de calidade e outro de beneficencia “para quen non poida pagar”. Acusounos de querer “introducir o negocio” precisamente cando incluso Estados Unidos mira como referencia o modelo español para a prestación sanitaria universal e de calidade”.

Dixo que “estamos orgullosos dun sistema que nos iguala e que constitúe unha peza fundamental de cohesión territorial e entre os cidadáns, ofrecendo unha atención pública de garantía “con independencia do nivel de renda”. Ademais explicou que se trata dun modelo “barato en relación con calquera outro do mundo”, polo que “necesitamos facelo mais eficiente para garantir a súa calidade, non abrir a porta ás dúbidas”.

A responsable socialista dixo que o PP e a Xunta ofrece “escusas a cabalo da crise para privatizar servizos e recortar dereitos” tal e como fan cobrando dez euros pola renovación da tarxeta sanitaria ou rachando coa universalidade ao requirir seis meses de residencia en Galicia para ter dereito á asistencia sanitaria”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar