Caride acusa ao PP de dificultar a transparencia, control e defensa dos intereses dos galegos na Lei de Patrimonio

Caride acusa ao  PP de dificultar a transparencia, control e defensa dos intereses dos galegos na Lei de Patrimonio

Caride acusa ao PP de dificultar a transparencia, control e defensa dos intereses dos galegos na Lei de Patrimonio

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, acusou ao PP de dificultar a transparencia, control e defensa dos intereses dos galegos e galegas a través da Lei de Patrimonio da Xunta. Así o dixo no debate deste texto no Pleno de hoxe, que foi aprobado polo PP coa abstención dos socialistas galegos.

Caride acusou ao PP de defender o beneficio privado a costa do interese público cunha norma que “pretende dar cobertura ás actuacións e perdas de poder dos cidadáns a favor de empresas privadas” que desenvolve o PP “por motivos estritamente ideolóxicos”. Así o dixo logo de que rexeitaran as 38 emendas presentadas polos socialistas, salvo tres propostas técnicas -1 aprobada e dúas transaccionadas- aprobadas en Comisión.

Reclamou que a Lei incluíra o límite ás colaboracións público – privadas fixando o máximo de concesión en 20 anos improrrogables. Tamén reclamou que se impida o uso desta fórmula nas prestacións de servizos públicos porque “pon á sanidade en risco de privatización” e cuestiona as contas futuras da sanidade galega, xa que é un contrato que compromete os orzamentos dos próximos anos por unha decisión unilateral do Executivo.

Tamén reclamou que os usos comerciais destas concesións sexan limitados por Lei, para “deixar claro que con estas concesións non se poida facer unha gran área comercial cun curruncho destinado a un centro de saúde”. Reclamou así que garantan “bo uso e que ninguén leve recursos no peto” e acusou ao PP de “preocuparse só dos beneficios e plusvalías privadas sobre o interese público”.

Acusou ao PP de “privatizar servizos públicos de xeito descarado” e advertiu que “non podemos respaldar un texto que pretende dar cobertura ás actuacións e perdas de poder dos cidadáns a favor das empresa privadas por criterios estritamente ideolóxicos que está a desenvolver o PP”.

Terreos de concesión pública

A parlamentaria socialista tamén reclamou que a Xunta garanta a través desta Lei que os terreos destinados a plantas de acuicultura sexan de concesión pública, que reverterán á sociedade galega cando remate a concesión ou si a empresa decide renunciar ao seu proxecto orixinal. Advertiu que neste momento a Xunta expropia terreos en primeira liña de costa para entregárllelos ás empresas privadas “a prezo de saldo”.

O risco desta práctica, sinalou, reside en que as empresas xa teñen os terreos en propiedade para decidir si finalmente levan adiante as plantas acuícolas comprometidas. Lembrou o caso “dunha empresa galega que en Andalucía pasou de proxectar unha planta de acuicultura a construír un macroporto deportivo”.

Caride tamén propuxo hoxe que a Xunta garanta que cando desenvolve proxectos industriais a través do IGVS e expropie parcelas, garanta ao mesmo tempo que as parcelas sexan destinadas ao proxecto empresarial previsto. Dixo que o goberno galego está a amparar que os empresarios merquen parcelas expropiadas a prezo de saldo, e aparquen os seus proxectos para esperar a vender o terreo por unha oferta mellor.

Nas súas emendas, os socialistas tamén reclamaron á Xunta que remita ao Parlamento un inventario do patrimonio da Comunidade Autónoma, “que xa teñen contratado cun custe de 560.000 euros”, que deberá ser revisado cada ano. Así mesmo, reclamou responsabilizar á Xunta sobre o seu patrimonio, obrigándoa a cumprir os criterios de accesibilidade e eficiencia enerxética nos bens propios.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar