Caride acusa ao PP de “desentenderse” das mais de 5.000 familias que perderon a súa casa por execucións hipotecarias

Caride acusa ao PP de “desentenderse” das mais de 5.000 familias que perderon a súa casa por execucións hipotecarias

Caride acusa ao PP de “desentenderse” das mais de 5.000 familias que perderon a súa casa por execucións hipotecarias

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, acusou e ao PP de “desentenderse” das 5.364 familias galegas que perderon á súa vivenda entre 2008 e 2010 por mor dunha execución hipotecaria. Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha Proposición non de Lei socialista para que puideran continuar nas súas vivendas alugados como inquilinos, que foi aprobada pola FEMP co voto favorable do PP.

A responsable socialista advertiu que este voto en contra do PP “proba que o PP en Galicia é frío e distante diante das necesidades” destas persoas que “quedaron na rúa e ás que non lles dan ningunha resposta”. Lamentou que o PP defendera unha proposta para implementar o esquema de protección de activos de segunda perda para os bancos pero cando se trata dos hipotecados “non están dispostos a facer ningún esforzo”.

A proposta de Caride establecía “unha solución para evitar os desaloxos e o risco de exclusión social dos hipotecados provocada pola crise económica”. Sinala que estes asumiron a súa vivenda taxada polo banco por riba do seu valor e no momento da execución da hipoteca a nova taxación determina unha rebaixa que provoca que queden sen vivenda e obrigados a seguir pagando a hipoteca.

Caride explicou que o PP negouse a avaliar e revisar os procesos de subhasta para evitar o “reparto desigual do poder de negociación, información asimétrica, falla de transparencia e dificultades de acceso á información e á subhasta” por parte dos usuarios. Reclamou tamén a avaliación dos procesos de taxación, xa que no 80 por cento quedan desertas permitindo aos bandos quedarse coa vivenda pola metade do seu valor, “deixando aos propietarios na rúa e cunha débeda ás costas que lastrará o seu futuro”.

Reclamou tamén recuperar o seguro de pagos das hipotecas para os casos de perda de posto de traballo que foi implantado polo goberno socialista na pasada lexislatura, que avalaba o pago das cotas hipotecarias das familias que quedaran sen emprego, evitando a execución hipotecaria e o desafiuzo e que asumiron 800 familias ata que foi eliminado polo goberno do PP. Acusou ao PP de eludir o problema dos desafiuzados “para que outro se responsabilice” e defender ás entidades fronte aos usuarios.

Poboacións en risco

María José Caride explicou que o problema destas execucións hipotecarias afecta a poboacións en risco que están a sufrir o desemprego ou a precariedade laboral e que agora teñen que afrontar as consecuencias da burbulla inmobiliaria. Explicou que as execucións hipotecarias aumentaron en Galicia un 177 por cento entre 2007 e 2010 con familias “que non teñen ingresos e ven que a Xunta permanece de brazos cruzados”.

Advertiu que estas familias ven “roto o seu proxecto vital” e vense “incapaces de iniciar unha nova vida e partir de cero” por canto a crise económica fai que sexan incapaces de pagar a hipoteca e observan con perplexidade cómo teñen que asumir a perda de valor das súas vivendas pola caída do mercado hipotecario.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar