Caride acusa á Xunta de perpetrar "un ataque sen precedentes ao Estado de Benestar" coa Lei de Acompañamento

Caride acusa á Xunta de perpetrar "un ataque sen precedentes ao Estado de Benestar" coa Lei de Acompañamento

Caride acusa á Xunta de perpetrar "un ataque sen precedentes ao Estado de Benestar" coa Lei de Acompañamento

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, acusou á Xunta de perpetrar un “ataque sen precedentes ao Estado do Benestar” utilizando a Lei de Acompañamento aos orzamentos. No debate na Comisión de Orzamentos, acusounos de “quebrar o sistema universal de saúde” e “provocar unha desfeita urbanística” modificando 61 artigos de 16 leis “pola porta de atrás”.

Caride amosou a “rotunda oposición” dos socialistas galegos polo uso perverso deste trámite por parte do goberno galego, que desbota os informes en contra do Consello Económico e Social e da asesoría xurídica da Xunta para introducir o cobro pola reposición da tarxeta sanitaria. Sinala que o Goberno “obriga a pagar dez euros a tódolos galegos por un cacho de plástico troquelado” que constitúe a “chave dos servizos sanitarios”.

A responsable socialista acusou á Xunta por “limitar o acceso á sanidade, quebrando a universalidade do sistema” ao “continuar na teima de limitar tamén a tarxeta aos galegos ata que teñan 6 meses de residencia en Galicia, quebrando un principio básico fundamental do Estado do Benestar”. Sinalou que mesmo o secretario de Estado de Sanidade advertiu que a medida resulta “claramente ilegal e mesmo inconstitucional”.

Acusou ao Goberno galego de “priorizar a conta de resultados das empresas fronte aos servizos aos cidadáns” ao suprimir as gardas farmacéuticas obrigatorias no rural galego. Ademais, lembrou, eliminan a farmacia hospitalaria –en contra do informe do CES- nos hospitais de Verín, Barbanza, Virxe da Xunqueira, O Salnés ou O Barco de Valdeorras, deteriorando o servizo, xa que “non existirá a garantía de fármacos en depósito”.

Advertiu que o propio Feijóo está a plantear o debate sobre os custes dos servizos non hospitalarios e reclamou ao PP que “non dinamiten o Estado do Benestar impoñendo o re – pago” por un servizo que xa é financiado por tódolos galegos a través dos impostos. Dixo que esta Lei constitúe unha “porta aberta á eliminación dun dereito fundamental universal como é a atención sanitaria”.

Territorio

A portavoz de Facenda e Orzamentos advertiu tamén que esta Lei modifica pola porta de atrás a lexislación urbanística, dinamitando a proposta de potencia urbanística para modificar a lexislación do solo, que acadou a Cámara autonómica.

Dixo que deste xeito cambian as leis de Protección Medioambiental e de Ordenación do Territorio e do Litoral para que sexa o conselleiro de Territorio quen decida sobre a necesidade de avaliación ambiental estratéxica de cada proxecto sectorial, poñendo o urbanismo “ao servizo dos intereses electorais do PP”.

Acusounos de modificar a Lei para “saltarse as barreiras legais da desfeita urbanística do Concello de Barreiros ou na instalación da planta de acuicultura en cabo Touriñán para que non teñan que pasar unha avaliación ambiental”.

Explicou que o abuso desta forma xurídica que é a Lei de Acompañamento provoca unha “desfeita” porque “xera inseguridade xurídica” por canto obriga aos cidadáns a coñecer tódalas leis de Acompañamento para saber a qué leis están suxeitos.

Os socialistas galegos presentaron un total de 31 emendas para impedir a quebra do Estado do Benestar suprimindo os artigos da Lei de Acompañamento que modifican estas normas fundamentais. Tamén reclamaron o incremento do IRPF para os que mais cobran, así como o aumento do 10 por cento no imposto do Patrimonio “para garantir o incremento da recadación” e poder manter así os servizos públicos básicos universais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar