Caride acusa á Xunta de mirar para outro lado mentres os directivos de NCG incrementan as súas remuneracións

Caride acusa á Xunta de mirar para outro lado mentres os directivos de NCG incrementan as súas remuneracións

Caride acusa á Xunta de mirar para outro lado mentres os directivos de NCG incrementan as súas remuneracións

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, acusou á Xunta de mirar para outro lado mentres os directivos de NCG incrementan as súas remuneracións. Así o dixo nunha pregunta oral á Xunta na que lamentou que non explique “qué está disposta a facer” con esta situación.

Caride esixiu á conselleira de Facenda que valore “que sexan os traballadores os únicos que asuman o custe do proceso de fusión e os directivos non e ademais non dean explicacións á cidadanía”. Lembrou que NCG aumentara as remuneracións nun 71,18 por cento e as aportacións dos directivos ao plan de pensións ata 2,8 millóns de euros mentres anunciaban reducións de plantillas e salarios polo proceso de fusión.

Advertiu que a conselleira de Facenda negouse a dar conta sobre os cambios na remuneración de NCG derivados do proceso de fusión a pesares de que o propio presidente da Xunta deu o visto bo ás condicións da mesma, e polo tanto á súa política retributiva.

Lembrou que nin Andalucía nin mesmo a presidenta da comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre “non miraron para outro lado” tomando medidas para limitar estas decisións mentres NCG foi a entidade que mais incrementou as remuneracións co beneplácito da Xunta de Galicia.

Considera esta situación“sorprendente” cando a entidade “necesitou mais de 1.100 millóns de euros para a fusión e necesitará mais de 1.500 para o plan de reestruturación que a faga viable e poida superar os test de stress.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar