Caride acusa á Xunta de agochar en 2011 un total de 1.500 millóns en facturas para pagalas en 2012

Caride acusa á Xunta de agochar en 2011 un total de 1.500 millóns en facturas para pagalas en 2012

Caride acusa á Xunta de agochar en 2011 un total de 1.500 millóns en facturas para pagalas en 2012

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, acusou a Feijóo de ter agochado 1.500 millóns de euros en facturas correspondentes a 2011 para pagalas ata abril de 2012. Na comparecencia da conselleira de Facenda no Pleno do Parlamento, dixo que o Goberno galego “falseou a realidade” deixando de pagar dende o mes de agosto.

Caride acusou á Xunta de “falsear a realidade” ao sinalar que Galicia terá que pagar ata abril de 2012 un total de 1.500 millóns de euros de “facturas agochadas nos caixóns” correspondentes a 2011. Acusou á Xunta de trasladar o déficit “dun ano ao outro” cunhas facturas que supoñen o 2,7 por cento do PIB de Galicia e reclamoulle á conselleira que “deixe xa de presumir dun rigor orzamentario no que só cre vostede”.

A responsable socialista dixo que a Xunta tivo que facer esta operación porque teñen que asumir os pagos acumulados logo de pechar o exercicio 2011 a 30 de setembro, mentres as consellerías tiñan unha orde interna para “non pagar nada nin asumir ningún gasto a partir de agosto”. Lembrou que no ano 2009 o peche de exercicio produciuse en decembro

Explicou que a Xunta conseguiu cumprir cos obxectivos de déficit mantendo operativo o orzamento só 8 meses. Ademais sinalou que o presidente da Xunta, mentres compromete non gastar un euro mais do ingresado, acumula unha débeda pública de 3.048 millóns de euros máis dos que ingresou, o que supón seis veces mais do que medrou a débeda pública durante a lexislatura anterior.

Engadiu que “se incorporamos o importe correspondente ás colaboracións público – privadas a cifra de endebedamento real incrementouse en mais de 4.000 millóns de euros en só tres anos”.

Ultraneoliberal

Na súa intervención de hoxe, a parlamentaria socialista acusou ao presidente da Xunta de desenvolver un discurso “ultraneoliberal” e unha política “máis liberal que Merkel ou Rooney –o candidato republicano en USA-” ao ter o déficit como único obxectivo

32641281A

Artigos relacionados

Pechar