Caride acusa a Feijóo de utilizar o CES como “lugar de retiro” para que Porro “non se baixe do coche oficial”

Caride acusa a Feijóo de utilizar o CES como “lugar de retiro” para que Porro “non se baixe do coche oficial”

Caride acusa a Feijóo de utilizar o CES como “lugar de retiro” para que Porro “non se baixe do coche oficial”

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, criticou no Pleno que o presidente da Xunta utiliza o Consello Económico e Social como “lugar de retiro” para que a candidata do PP á alcaldía de Vigo, Corina Porro “non se baixe do coche oficial” e engadiu que o seu nomeamento constitúe unha “moi mala nova para a imparcialidade”.

Nunha pregunta ao Goberno galego, dixo que o presidente da Xunta “esperou ás eleccións municipais para acomodar no CES ás persoas que quedaron descolgadas doutros procesos”. Engadiu que “non é unha mostra de imparcialidade nin un bo exemplo” xa que vai “en contra da busca de consensos e de nomear ás persoas que garantan unha maior imparcialidade e transparencia”.

Explicou que a Xunta “parece non querer que o CES cumpra” co seu labor de control ao executivo e amosouse “preocupado polos anuncios de nomeamentos” tanto de Porro como do seu predecesor, Pablo Egerique, xa que “ámbolos dous cumprían os requisitos de ser presidentes da agrupación do PP de Vigo e de vir de ocupar coches oficiais no Porto de Vigo e na Zona Franca, respectivamente”.

Caride cuestionou o nomeamento de Porro porque “para presidente do órgano precisaríase unha persoa imparcial capaz de xerar diálogo coas organizacións sindicais e empresariais” e que entre as súas funcións está a de dirimir nos empates nos informes do CES e instar ao Goberno galego que tome decisións para mellorar a posición socioeconómica de Galicia.

Lembrou que a pesares de que o PP ven de amosarse a favor de manter os órganos de control en Galicia mentres noutras autonomías os eliminan, en alusión a Castela – A Mancha, sinalou que “nos últimos tempos o labor de control do organismo ven sendo cuestionada polo Executivo”.

Dixo que o Consello está a aprobar leis “que non están pasando polo trámite preceptivo da consulta do CES, como na Lei de Acompañamento aos Orzamentos ou a Lei de Disciplina Orzamentaria. Ademais, dixo que “emitiu informes cos que a Xunta non está cómoda, como a Lei de Familia ou as modificacións ao imposto de Transmisións Patrimoniais, advertindo que “merma ingresos imprescindibles para os servizos públicos”.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar