Caride acusa a Feijóo de incrementar o endebedamento en 4.000 millóns de euros en dous anos e medio

Caride acusa a Feijóo de incrementar o endebedamento en 4.000 millóns de euros en dous anos e medio

Caride acusa a Feijóo de incrementar o endebedamento en 4.000 millóns de euros en dous anos e medio

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, criticou hoxe que a xestión de Feijóo na Xunta de Galicia supuxo un aumento de 4.000 millóns de euros de endebedamento sen que iso supoña ningunha mellora na actividade económica. Así o dixo no debate dunha pregunta oral dos socialistas na Comisión de Economía que tivo lugar hoxe.

Criticou que Feijóo considerara en 2009 que o aumento do endebedamento en 300 millóns de euros durante a lexislatura anterior era “inconsentible”. Explicou que Galicia tiña en 2009 3.900 millóns de euros de débeda, que aumentaron a 6.900 millóns hoxe -3.000 máis- aos que se suman 1.000 millóns correspondentes ao financiamento público – privado dos hospitais de Vigo e Pontevedra, os centros de saúde ou a autovía do Morrazo.

Advertiu que ademais de que Feijóo “duplicou en dous anos a débeda de toda a historia de Galicia” gastando “4.000 millóns de euros mais dos que tiña”, co que “métenos nun lío que non vamos ser capaces de pagar”. Sinalou que este gasto “non axuda ao tecido produtivo nin fai que flúa o crédito”, que en Galicia diminúe 20 millóns de euros cada día, o que “limita as posibilidades de desenvolvemento da economía galega”.

Mentres, engadiu, en Galicia aumenta o desemprego un 50 por cento mais que a media estatal, o PIB sitúase por debaixo da media de España, e a Xunta non explica ónde inxecta esta débeda pública que se ten disparado. Preguntou “onde está o endebedamento” asumido por Feijóo e “cánto nos custa” aos galegos e galegas.

Facturas sen pagar

A portavoz de Facenda e Orzamentos preguntou si o presidente da Xunta “marchará para casa” logo de terse amosado partidario de aplicar un delito penal cando un responsable público deixe facturas sen pagar. Sinalou si aplicará este mesmo criterio consigo mesmo logo de deixar débedas de 400 millóns de euros na sanidade galega cando era vicepresidente da Xunta de Galicia.

Acusouno de “dicir hoxe unha cousa e mañá outra” seguindo as teses de Génova tal e como fixo De Cospedal ao apuntar unha reforma das prestacións por desemprego, xa que, engadiu, “si eliminamos o gasto do desemprego moito do gasto público desaparecería, así que supoño que será  unha das propostas innovadoras que o PP agocha ata despois do 20-N”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar