Caride: "A Xunta si debe dar explicacións porque teñen dous imputados na Operación Campeón"

Caride: "A Xunta si debe dar explicacións porque teñen dous imputados na Operación Campeón"

A viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, dixo que a Xunta “debe dar explicación porque eles si que teñen altos cargos imputados” na Operación Campeón. Caride respaldou a decisión de José Blanco de denunciar as acusacións vertidas contra el porque “cando non hai nada que ocultar un ten que defenderse e querellarse”.

Puntualizou que “onde si que hai imputados é na Xunta de Galicia, e existen subvencións e pagos anticipados por parte do Goberno galego, que debera comezar a explicarse”. A responsable socialista explicou que a Xunta si que concedeu axudas e non o goberno central que onte demostrou que mesmo estas peticións foran denegadas.

A responsable socialista salientou o “contraste” entre o interese amosado polo PP na comparecencia do ministro Blanco diante do Congreso “cando no Parlamento de Galicia non teñen ningún interese na comparecencia dos membros do Igape imputados pola presunta concesión irregular de axudas”.

Lembrou tamén a reacción do presidente da Xunta cando foi coñecida a implicación dos altos cargos da Xunta neste caso, reclamando “ante todo respecto pola presunción de inocencia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar