Caride: "a Xunta é valente para destruír o Estado de Benestar pero covarde para defender o público"

Caride: "a Xunta é valente para destruír o Estado de Benestar pero covarde para defender o público"

Caride: "a Xunta é valente para destruír o Estado de Benestar pero covarde para defender o público"

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, acusou á Xunta e ao PP de ser “valentes para privatizar, impoñer o copago e desmantelar os servizos públicos pero covardes na defensa do público e pedir un esforzo a quen máis ten”. No debate de Comisión dos Orzamentos da Xunta, acusou ao PP de “utilizar a crise para destruír o noso Estado do Benestar”.

Caride acusou ao PP de “renunciar a defender o público” evidenciando que o debate parlamentario “é un paripé” ao aplicar o rodillo para rexeitar as emendas socialistas. Criticou que renuncie a subir impostos ás rendas máis altas mentres reducen e privatizan as prestacións públicas, recortando as bolsas de estudos mentres Feijóo considera “valentía” que a Universidade incremente as taxas aínda que os estudantes de rendas baixas e medias poden quedar fora do acceso á formación.

Criticou tamén que o PP rexeitara a proposta socialista de incrementar nun 3 por cento as PNCs mentres duplican as remuneracións para os consellos de administración de empresas públicas da Xunta. Dixo que “rexeitan un incremento da Risga ou pasar de 206 a 212 euros por cada Pensión non Contributiva mentres para os consellos da SPI non hai problema en pasar de 40.000 euros en 2010 a 97.200 en 2012.

Lembrou que o aumento dun 50 por cento nos demandantes da Renda de Integración Social fai necesario un aumento de 10 millóns de euros nesta partida, mentres o PP só o incrementa en 1 millón de euros a través de emendas parciais. Neste sentido, reclamou á Xunta a obriga de resolver nun máximo de dous meses as solicitudes desta asistencia “para as persoas que máis o necesitan”.

Os socialistas galegos denunciaron que o orzamento da Xunta para 2012 supón “máis do mesmo, máis pasividade fronte aos problemas do desemprego e para garantir os servizos públicos”. Acusounos de empregar a crise económica como “escusa perfecta para recortar as prestacións sociais e para privatizar os servizos públicos” e esixiu ao goberno galego que comece a “defender aos máis débiles”.

A responsable socialista reclamou a defensa da escola pública, priorizando o ensino público “fronte ao privado e ao concertado”. Tamén instou a que a Xunta de Galicia garanta a prestación universal e gratuíta a tódolos galegos e galegas “sen ningún custo para os cidadáns” cun rexeitamento expreso ao copago tanto na sanidade como no transporte escolar.

Impostos aos mais ricos

O PP rexeitou hoxe a proposta socialista de aumentar os impostos para os tramos máis altos do IRPF, así como o imposto de Patrimonio “pedindo un esforzo a quen mais ten”, e reclamou a supresión dos delegados provinciais “aos que quedou demostrado que pagamos para ir a ver o fútbol mentres a súa provincia está ardendo”, en alusión á viaxe ao Bernabéu do Delegado de Ourense na pasada vaga de lumes.

Os socialistas galegos tamén reclamaron establecer límites ás colaboracións público – privadas para que non sexan aplicadas na construción, explotación ou mantemento dos servizos públicos sanitarios ou educativos, mentres nos demais casos sexan empregados nun prazo de 25 anos improrrogable.

Ademais, Caride reclamou ao goberno galego que presente un estudo que determine límites a esta fórmula e non poda comprometer ningunha outra actuación mentres o devandito estudo non estea aprobado.

Tamén reclamou que o goberno galego garanta que o chan público expropiado polo IGVS sexa dedicado a fins públicos, impedindo que as empresas especulen con estas propiedades. Así, unha emenda socialista reclamaba que si os proxectos orixinais non se desenvolven o chan “debe repercutir de novo á Xunta de Galicia para que o dedique a outra actividade produtiva para a economía de Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar