Caride: "A orde de incremento de prezos dos inmobles supón unha suba encuberta de impostos dun 30 por cento"

Caride: "A orde de incremento de prezos dos inmobles supón unha suba encuberta de impostos dun 30 por cento"

Caride: "A orde de incremento de prezos dos inmobles supón unha suba encuberta de impostos dun 30 por cento"

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, presentou un escrito de alegacións para reclamar a paralización da orde da Xunta que establece os novos prezos de referencia da vivenda. Sinala que a norma supón un “incremento encuberto de impostos dun 30 por cento por termo medio”.

Caride denunciou a “dobre moral” dunha Xunta que presume de atender aos cidadáns que o necesitan cando agocha o seu afán recadatorio. Dixo que “o Goberno que presumía de rebaixar os impostos resulta que os aumenta pola porta de atrás ao incrementar a base de cálculo” que afecta directamente ao imposto sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Dixo que a Xunta debe explicar esta decisión cando os taxadores sinalaban que en numerosos casos o prezo de referencia xa superaba o valor de mercado e hoxe consolídase “moi por riba” para gravar os impostos. Advertiu que a Xunta xa está aplicando a día de hoxe estes prezos de referencia a pesares de que a orde aínda está en período de alegacións, e denunciou que “ten efecto retroactivo para os anos 2010 e 2011”.

Caride advertiu que mentres o prezo da vivenda diminuíu nun 3,4 por cento no último ano, a Consellería de Facenda decidiu subilo nunha media do 30 por cento acadando máximos do 68 por cento. Así, explicou que un garaxe en Vigo ve aumentado o seu valor nun 22 por cento, mentres un piso de mais de 50 anos no centro desta cidade increméntase nun 50 por cento, e un de mais de 25 anos ascende mais dun 18 por cento.

A parlamentaria socialista advertiu que mentres a Xunta negouse a aprobar unha iniciativa socialista para garantir unha taxación xusta nas execucións hipotecarias hoxe “pola porta de atrás introduce un aumento encuberto do valor dos bens inmobles retroactivo sen transparencia e sen información”.

Nas alegacións presentadas hoxe diante da Xunta de Galicia, os socialistas reclaman a paralización desta orde porque os novos prezos “non deberan sufrir aumentos desproporcionados e inxustificados, non aparecen refrendados polas actuais condicións do mercado inmobiliario, carece de información suficiente e precisa, non está xustificado e non pode ter efecto retroactivo nin entrar en vigor antes da súa aprobación”.

Lei de Vivenda

A parlamentaria socialista acusou á Xunta de “favorecer os intereses, a especulación, os beneficios adicionais e as plusvalías dos promotores inmobiliarios” a través do Proxecto de Lei de Vivenda. Sinalou que a redución de obriga legal de vivenda protexida supón “mermar o dereito constitucional á vivenda”.

Dixo que a Xunta “entre os cidadáns e os promotores quédase cos promotores” esquecendo “os dereitos de aqueles aos que hai que garantir o acceso á vivenda digna”. Lembrou que esta medida forma parte “do que o PP ven aplicando dende fai tempo”, xa que era unha medida prometida pola candidata deste partido ao Concello de Vigo.

Lembrou tamén o exemplo de Barreiros, no que “todos temos que pagar 14 millóns de euros de cargas que corresponden aos promotores” polas desfeitas urbanísticas do Concello.

Códice

A viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia lamentou hoxe profundamente a desaparición do Códice Calixtino da Catedral de Santiago, trasladou o seu desexo de recuperar a peza “o antes posible” e reclamou “analizar e investigar o que ocorreu e depurar responsabilidades”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar