Cargos socialistas de Ourense e Pontevedra fórmanse en comunicación e política municipal

Cargos socialistas de Ourense e Pontevedra fórmanse en comunicación e política municipal

Cargos socialistas de Ourense e Pontevedra fórmanse en comunicación e política municipal

O PSdeG-PSOE celebrou dous cursos enmarcados na programación da Escola de Formación Francisco Fernández, un en Pontevedra sobre Comunicación Política para voceiros municipais desta provincia, e outro en Ourense sobre os primeiros pasos dunha corporación local, para os concelleiros que foron elixidos por primeira vez nas pasadas eleccións municipais.

O curso que tivo lugar esta mañá na sede socialista ourensá foi clausurado polo secretario Xeral provincial, Raúl Fernández, e o secretario de Formación da Executiva Galega, Miguel Fidalgo, coa participación de 30 concelleiros da provincia e con xuristas, concelleiros e alcaldes como ponentes.

Así, os alcaldes de Amoeiro, Piñor, Castrelo do Val, Maside ou o exalcalde da Rúa, abordaron o Réxime Xurídico de Funcionamento Local, o labor de oposición e a construción da alternativa, e as políticas socialistas nos Concellos.

A Escola de Formación do PSdeG pecha nas próximas semanas o segundo Curso Continuo de Formación Permanente dos cadros e militantes socialistas, que desenvolveu máis de 120 actividades de formación nas catro provincias galegas, coa participación de 4.000 asistentes.

Entre as materias obxecto de formación están a planificación e desenvolvemento de campañas electorais, a comunicación política, as novas tecnoloxías no traballo político, as redes sociais, as políticas municipais socialistas, políticas de igualdade, políticas de promoción e emprego, políticas de servizos sociais, urbanismo nos concellos, os orzamentos municipais, accións da participación na política municipal, liderado político, traballo en equipo, e dinamización de comités e agrupacións.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar