Cargos socialistas asisten ao pleno da Gudiña no que se formalizou a renuncia de Antonio Fernández

Cargos socialistas asisten ao pleno da Gudiña no que se formalizou a renuncia de Antonio Fernández

Cargos socialistas asisten ao pleno da Gudiña no que se formalizou a renuncia de Antonio Fernández

A secretaria de Organización da CEP, María Quintas, o deputado provincial, José Luis Pérez García, e o alcalde de Castrelo do Val e secretario comarcal, Vicente Gómez, entre outros cargos públicos e orgánicos do partido na provincia, asistiron esta mañá ao pleno municipal da Gudiña, no que se formalizou a renuncia de Antonio Fernández da súa acta como concelleiro.

Quintas sinala que os socialistas lamentan que “o caciquismo do PP e as presións exercidas pola Igrexa cumpran os seus obxectivos, conculcando a un cidadán libre un dereito fundamental”.

A secretaria de Organización provincial reitera “o máximo respecto á decisión persoal do sacerdote”, a quen hoxe acompañaron entre o público na celebración do primeiro pleno na Gudiña desta lexislatura. Lembra que o Partido Socialista apoiou ao párroco tanto no concello da Gudiña como en Piñor, onde exercía como sacerdote.

Quintas manifestou públicamente o apoio dos socialistas a Antonio Fernández “dende que comezou a súa persecución por parte do Partido Popular, quen propiciou a situación á que se ten chegado estes días en que unha vez máis Ourense é noticia a nivel nacional polo caciquismo e a falta de liberdade”.

Por último, e xunto ao portavoz na Gudiña, Miguel Ángel Rodríguez, Quintas afirmou que “a presencia dos socialistas é hoxe máis necesaria que nunca na Gudiña”, e denunciarán “calquera irregularidade do Partido Popular neste concello”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar