Caos, malestar e risco na sanidade

Caos, malestar e risco na sanidade

Caos, malestar e risco na sanidade

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, dixo hoxe que as contratacións en condicións “miserables e mesquiñas” na sanidade pública galega provoca “caos, malestar e situacións de risco”. Acuña presentou unha serie de preguntas na Comisión de Sanidade sobre as condicións laborais do persoal sanitario, nomeadamente en tres centros de Ourense.

Acuña amosou o seu respaldo ás protestas públicas pola falla de prazas presentadas polo goberno na oferta pública de emprego. Lembrou que o persoal contratado para as substitucións teñen atender en ocasións a tres centros distintos nunha mesma quenda de 8 horas, mentres outros centos quedan directamente sen persoal sanitario ou administrativo no tempo de vacacións.

O resultado, engadiu, é un "cacao maravillao” que deriva nas queixas da cidadanía e dos profesionais, o colapso dos servizos e as listas de espera disparadas. Advertiu que os períodos de vacacións en centros grandes como o de Ourense son cubertos nun 10 por cento con contratos a tempo completo e un 90 por cento a tempo parcial, unha porcentaxe que varía ata un 30-70 no caso do persoal de enfermería e administrativo.

Un cento intermedio como O Barco ten unha taxa do 50 por cento, mentres centros pequenos como A Bola, afortunadamente, acadan unha “excepción do cen por cen”, xa que o criterio é que os centros con un ou dous médicos teñen que contratar as substitucións a tempo completo, unha porcentaxe que baixa de forma alarmante nos centros con máis de dous médicos.

Advertiu que estas prácticas “van diametralmente en contra dos principios de accesibilidade, proximidade e inmediatez na atención sanitaria” e desmentiu o argumento do goberno galego, que xustificou a contratación de persoal con menor categoría pola falla de oferta. Lembrou neste sentido que hoxe hai 36.000 persoas nas listas de contratación, “tantas como persoal ten o Sergas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar