"Cantos de serea" nos orzamentos de Educación para o ano 2016

"Cantos de serea" nos orzamentos de Educación para o ano 2016

"Cantos de serea" nos orzamentos de Educación para o ano 2016

IES MilladoiroO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, cualificou hoxe como “cantos de serea” os orzamentos da Consellería de Educación e Cultura para o ano 2016. Advertiu que malia ao incremento de 100 millóns de euros, estes aínda están 400 millóns por debaixo de 2009, teñen provocado o “o retroceso dunha década” no sistema educativo e relegan á lingua e á cultura galegas á “miseria e irrelevancia orzamentaria”.

O responsable socialista criticou que logo de “varios anos de implacables orzamentos austericidas”, hoxe presenten unhas contas supostamente expansivas ao mesmo tempo que renuncian a aumentar os ingresos por impostos ou por débeda. As contas feitas polo goberno galego o abocan a continuar cunha baixa execución de apenas o 65 por cento dos orzamentos.

Docasar instou ao conselleiro a “non facernos trampas” cuns orzamentos que son papel mollado e esixiu a restauración das prazas docentes e das condicións materiais dos centros educativos galegos, a reposición do material didáctico, superar a fenda dixital, garantir a implantación con garantías da FP Básica e que ningún alumno teña que ir a clase sen libros de texto ou material escolar.

Criticou neste sentido uns orzamentos que “manteñen ao Sistema Universitario de Galicia na mesma situación de asfixia e falta de suficiencia económica”, cuns fondos conxelados e sometendo ás universidades a un “trágala” para aceptar baixo corda o novo sistema de financiamento 2016 – 2020.

Lingua e cultura

Esixiulle ademais que “se poñan mans á obra para rescatar á nosa lingua e á nosa cultura da miseria e da irrelevancia orzamentaria”, xa que dende a chegada de Feijóo perdeu un 56 por cento do seu orzamento, pasando do 1,2 do investimento ao 0,6 por cento que ten a día de hoxe. Boa parte deste, ademais, é “devorado” pola Cidade da Cultura, que pasa dun orzamento de 6,7 millóns en 2015 a máis de 9 para o próximo ano.

Docasar reclamou un “cambio de rumbo” na Consellería de Educación e Cultura para “demostrar o que aseguran de que a recuperación é un feito, que estamos nunha etapa expansiva”. Esixiulle ao conselleiro que demostre “pola vía dos feitos” se “as cifras que nos pintan no papel serán reais ou serán tramposas e electoralistas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar