Candidatura de Ourense á Rede de Cidades Creativas da Unesco

Candidatura de Ourense á Rede de Cidades Creativas da Unesco

Candidatura de Ourense á Rede de Cidades Creativas da Unesco

A deputada socialista Noela Blanco presentou hoxe unha serie de iniciativas parlamentarias pedíndolle á Xunta que se implique para impulsar a candidatura de Ourense a formar parte da Rede de Cidades Creativas da Unesco na categoría de literatura. Blanco apelou á historia literaria da cidade e á súa rede cultural como credenciais para optar con solvencia a este recoñecemento.

Os socialistas reivindican un recoñecemento que suporía “ser un socio privilexiado da Unesco, tanto como plataforma de reflexión sobre o papel da creatividade en tanto que promotora do desenvolvemento sustentable, como de laboratorio de acción para a innovación”. Blanco pídelle á Xunta que “apoie, promove e potencie” a candidatura “en colaboración co Concello e a Comisión Nacional de Cooperación coa Unesco de España”.

Reclama así a intermediación do goberno galego entre o Concello e o Goberno de España para acadar unha candidatura sólida e con posibilidades. Ao unirse á rede, explica, a cidade comprometeríase a compartir as súas boas prácticas e desenvolver vínculos que asocien aos sectores público e privado e á sociedade civil para dinamizar a creación, produción, distribución e difusión de actividades, bens e servizos culturais.

Este recoñecemento, creado pola Unesco en outubro de 2004, recoñece ás cidades que invisten na creatividade como motor de desenvolvemento urbano sustentable, inclusión social e influencia cultural. A Rede de Cidades Creativas recoñece sete redes temáticas, que son a literatura, o cine, a música, o arte popular, o deseño, a gastronomía e o arte dixital.

Actualmente hai 116 membros en todo o mundo, e España conta con 6, que son Sevilla –música-, Bilbao –deseño-, Granada –literatura-, Burgos –gastronomía-, Denia –gastronomía- e Barcelona –literatura-, ningunha delas en Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar