A candidatura de Galicia como sede da AEM, un anuncio da Xunta para o "papel couché"

A candidatura de Galicia como sede da AEM, un anuncio da Xunta para o "papel couché"

A candidatura de Galicia como sede da AEM, un anuncio da Xunta para o “papel couché”

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, puxo hoxe en evidencia o anuncio de Feijóo de presentar a Galicia como sede para a Axencia Europea do Medicamento, que busca nova casa de acollida logo do Brexit. Torrado sinalou que se trata dun “anuncio de papel couché” cando o goberno central defende a candidatura de Barcelona.

O responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión na que dixo que Galicia “aínda non presentou a candidatura dunha cidade” para albergar a dita sede, mentres o Goberno e mesmo o Senado apostaron por Barcelona a iniciativa do PP.

Apuntou que incluso os senadores do PP de Málaga defenderon a candidatura da súa cidade e negáronse a apoiar a Barcelona, o que non fixeron os senadores galegos, evidenciando que “non existe ningunha estratexia nin plantexamento real”.

Torrado cualificou de “funambulismo político” que o goberno galego se empeñe en defender a suposta candidatura de Galicia mentres o propio xerente do Sergas respondía hoxe que “non retiraremos a nosa proposta pero non faremos nada que prexudique á outra candidatura”. Para os socialistas, esta resposta supón o “recoñecemento implícito de que só buscan titulares de prensa”.

“Se non están en contra da candidatura de Barcelona tampouco están a favor da candidatura de Galicia”, resumiu o parlamentario socialista. A continuación criticou que a Xunta continúe sen aclarar as xestións feitas, os organismos cos que falou, a proposta que presentaron, os documentos que elaboraron ou as xuntanzas que mantiveron para favorecer á candidatura de Galicia que confirmaba Feijóo a semana pasada.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar