Cancelados os préstamos do Igape cofinanciados co BEI concedidos dende 2009

Cancelados os préstamos do Igape cofinanciados co BEI concedidos dende 2009

Cancelados os préstamos do Igape cofinanciados co BEI concedidos dende 2009

Igape pequenaO portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou hoxe no Parlamento a cancelación dos préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento con fondos do Banco Europeo de Investimentos. O responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Industria na que advertiu do “desmantelamento sistemático e progresivo do Igape”.

Losada acusou ao goberno de Feijóo de “impedir deliberadamente que este órgano cumpra coa súa función fundamental nun contexto de crise, como é o financiamento de empresas”. Sinalou á resolución do Igape publicada no DOG do 5 de xuño de 2015 pola que anuncia do esgotamento do crédito e a “desistencia dos procedementos de adxudicación de préstamos” con cargo aos fondos do BEI convocados dende 2009.

Isto suporá o arquivamento dos expedientes de solicitude pendentes de resolver con cargo ás convocatorias das resolucións de 16 de marzo de 2009 (DOG 58 de 25 de marzo) e de 22 de marzo de 2011 (DOG 63 de 30 de marzo).

O responsable socialista lamentou que “o único financiamento con cargo ás axudas do BEI polo que se preocupou o goberno de Feijóo foi o crédito para a empresa privada que construíu o Hospital de Vigo, co resultado que lamentablemente estamos a ver para a calidade asistencial dos cidadás da principal urbe de Galicia e da súa área de influencia”.

Abel Losada censura a “labor activa e sistemática de demolición e desmantelamento do Igape” levada a cabo polo goberno de Feijóo, que levou desta vez a desestimar tódalas adxudicacións de préstamos a cargo de fondos do préstamo acadado entre o Igape e o BEI.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar