Cancela defende a forma de facer política e gobernar dos socialistas, “combinando a contención do gasto co desenvolvemento económico e a defensa dos servizos públicos”

Cancela defende a forma de facer política e gobernar dos socialistas, “combinando a contención do gasto co desenvolvemento económico e a defensa dos servizos públicos”

Cancela defende a forma de facer política e gobernar dos socialistas, “combinando a contención do gasto co desenvolvemento económico e a defensa dos servizos públicos”

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, defendeu hoxe a forma de facer política dos socialistas nas comunidades autónomas, deputacións e concellos nos que gobernan. “Hai outro xeito de trasladar a acción política de goberno, combinando a contención do gasto cunha estratexia de desenvolvemento económico e un afianzamento dos servizos públicos”, manifestou.

Pilar Cancela ofreceu unha rolda de prensa tras a Executiva Nacional do PSdeG, onde anunciou que o secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, participará este fin de semana na Conferencia Autonómica do PSOE na cidade de Valencia.

“Nesta reunión e na conferencia de política municipal de finais de febrero, sentaremos as bases do programa socialista para as próximas citas electorais autonómicas e locais, deixando claro que hai outras formas de gobernar diferentes ás do PP e defendendo sempre o público”, afirmou.

Por outra parte, hoxe quedou configurado o Comité Electoral do PSdeG para as eleccións municipais. Pilar Cancela será a coordinadora da campaña e Lucho Lago o vicecoordinador. Na preparación do programa e da estratexia política participarán tamén os responsables das distintas áreas da Executiva e os membros do grupo parlamentario socialista.

“Hoxe vimos tamén no Consello da Xunta como unha vez máis non hai novidades, temos un Goberno sen acción, estancado, que non é quen de anunciar ningunha medida efectiva que mellore a calidade de vida das persoas”, afirmou a secretaria de Organización socialista.

“Falan de tranasparencia cando xa existe unha Lei de Transparencia feita polos socialistas, o que teñen que facer é aplicar as leis e facer público, por exemplo, o número de asesores que ten a Xunta e o que cobran”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar