Cambio de modelo para minorizar os recortes da PAC

Cambio de modelo para minorizar os recortes da PAC

Cambio de modelo para minorizar os recortes da PAC

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, instou á Xunta a modificar o modelo de xestión das axudas europeas da Política Agraria Común (PAC). Na comparecencia da conselleira no Parlamento, advertiu que o actual sistema prexudicará aos pequenos propietarios agropecuarios galegos pola redución do orzamento da PAC e a saída do Reino Unido da UE.

 

Quiroga recalcou que o Goberno de España está a descoidar os minifundios, predominantes en Galicia. Por outro lado a mala xestión da Xunta propiciou unha perda de 50.000 hectáreas  cultivables que deixan de contabilizar á hora de solicitar subsidios á PAC. Así mesmo, o socialista acentuou a magnitude do problema que suporá a redución destas axudas para a cohesión dos habitantes que viven no mundo rural.

 

O responsable socialista acentuou a ineficacia da xestión do PP, que impide recibir os subsidios aos propietarios que alugan as súas terras mentres os grandes propietarios copan todas as axudas. Así mesmo, Quiroga solicitou que a Consellería tivese unha “posición activa” respecto da PAC “máis aló das súas campañas no mundo rural”.

 

Finalmente, o portavoz socialista propuxo “aumentar as partidas públicas que compensen a  redución dos orzamentos da PAC”, que segundo o deputado, “reducirá o impacto” no sector agropecuario galego.

 

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

Jromero

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar