Os socialistas esíxenlle a Feijóo "explicacións convincentes" sobre Pemex e acúsano de "crer nas súas propias ilusións"

Os socialistas esíxenlle a Feijóo "explicacións convincentes" sobre Pemex e acúsano de "crer nas súas propias ilusións"

Os socialistas esíxenlle a Feijóo "explicacións convincentes" sobre Pemex e acúsano de "crer nas súas propias ilusións"

O portavoz de Industria e candidato pola provincia de A Coruña Jose Luis Méndez Romeu denunciou que o contrato que asinou Feijoo con Pemex para a construción dos floteles “non se realizou coa empresa mexicana Pemex, como dixo Feijoo, senón unha empresa que se chama PMI”.

O candidato fixo esta afirmación nun encontro con xornalistas xunto ao vicepresidente da Fundación Ideas e exministro de Traballo, Jesús Caldera, e o tamén integrante da lista do coruñesa, Xosé Sánchez Bugallo.

O deputado advirte que esta compañía ven de facer un comunicado no que alude a “cláusulas suspensivas e donde partes do seu contrato terán que ser licitadas por separado no seu momento ”. Por iso preguntou que foi exactamente o asinou Núñez Feijoo?”. Que nivel de garantías existen para que se leve adiante o que foi asinado?”, insistiu.

Asegura que lendo o documento “a retórica é tan enrevesada” que da a impresión que podemos podemos estar “diante dun documento declarativo ou diante dun documento executivo”.

Lembrou ademais que fai uns días tivo lugar a firma do contrato “dun acordo” entre a petroleira mexicana Pemex e os asteleleiros Barreras e Navantia, e que foi presidido por Feijoo en plena vésperas electorais. Asegurou que a Xunta Electoral de Galicia considera que era un acto “que non tiña cabida dentro do marcol legal vixente, xa que era un acordo de utilización entre terceiros”.

Méndez Romeu advirte ademais que a Xunta Electoral Central ven de ratificar a decisión da Xunta Electoral de Galicia “xa que considera que este acto non debería de celebrase baixo a presidencia de Feijoo”.

O PSdeG-PSOE lamenta profundamente esta situación “xa que o sector dende que Goberna Feijoo desapareceu, e estanse creando falsas expectativas”. Lembrou ademais que os postos que serán creados, son solo 300 ou 400 empregos como sinalan os sindicatos “e non 3.000 como proclama Feijoo”. Por ultimo aludiu ao anuncio da base de buques quimiqueiros “como sempre Feijoo anuncia, pero da realidade a propaganda hai un camiño inmenso”. E resumiu “Feijoo cree nas súas propias ilusión, pero agora tócalle o turno de dar explicacións convincentes”.

Jesús Caldera

Pola súa banda, Jesús Caldera, vicepresidente da Fundación Ideas e secretario de Ideas e Programas do PSOE asegurou que segundo un estudo desta entidade, na nosa Comunidade haberá unha destrución de “45.000 empregos en 2012, o que supón 15.000 máis, sobre a perda de 30.000 empregos que o Goberno prevía”.

Nun encontro con xornalistas e acompañado polos candidatos pola provincia de A Coruña Jose Luis Méndez Romeu e Xose Sánchez Bugallo, Caldera demandou apostar por políticas de crecemento e desterrar “a política suicida de austeridade extrema do PP”.

Caldera advertiu que nas vindeiras eleccións os galegos “deben decidir si queren elixir ao candidato do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que representa o mesmo que Rajoy”, a través de políticas económicas “erróneas ou seguir o modelo do PSdeG”, explicou. Aseverou ademais que as medidas do PP “van en contra dos recursos das familias españolas”.

Jesús Caldera demandou propostas para saír da crise “ como a aposta polas TICs, as enerxías renovables e o investimento en I+D”, fronte “ao erro do Goberno do PP de recortar neste sentido”. Por iso fico fincapé nos coidados sociais “como un dos sectores de futuro para crear emprego”, e reprochou ao Goberno de Mariano Rajoy a súa xestión da Lei de Dependencia. E reclamou un plan específico de formación e emprego para mozos cun gasto “que supoñería uns 4000 ou 5000 millóns ao ano destinado a un millón de persoas”.

Por ultimo Caldera tamén criticou “as políticas contracíclicas do PP que non apostan polo crecemento”, como por exemplo “á reforma laboral xa que é un desastre de proporcións históricas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar