Cajide reclama á Xunta que retire a orde que anula as achegas para accións humanitarias e de emerxencia

Cajide reclama á Xunta que retire a orde que anula as achegas para accións humanitarias e de emerxencia

Cajide reclama á Xunta que retire a orde que anula as achegas para accións humanitarias e de emerxencia


Santiago de Compostela, 18 de xuño de 11. A portavoz de Cooperación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Cajide, ven de presentar unha Proposición non de Lei na que reclama á Xunta que retire as ordes do 24 de maio que anulan as achegas para accións humanitarias e de emerxencia e que reduce á metade as partidas para proxectos de ONGDs.

Cajide critica a actitude “fondamente insolidaria” do goberno de Feijóo que deixa sen axuda galega ás poboacións afectadas por catástrofes naturais, que ata finais de maio contaban cunha dotación orzamentaria de 300.000 euros. Ademais considera “gravísimo” a redución do 45 por cento nas partidas orzamentarias destinadas a financiar os proxectos que as ONGDs van levar a cabo durante 2011.

Explicou que estas decisións “prexudican gravemente aos proxectos de loita contra a pobreza e supoñen un tremendo freo na dinámica dos proxectos das ONGDs en materia de Cooperación Galega ao Desenvolvemento”.

Considera que Feijóo ven de “converter en papel mollado os seus aparentes e nunca cumpridos compromisos co impulso co Plan Director de Cooperación e Desenvolvemento, o Pacto Galego contra a Pobreza ou o impulso da Cooperación Galega ao Desenvolvemento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar