Cajide reclama á Xunta que garanta a continuidade dos centros de información ás vitimas de violencia machista

Cajide reclama á Xunta que garanta a continuidade dos centros de información ás vitimas de violencia machista

Cajide reclama á Xunta que garanta a continuidade dos centros de información ás vitimas de violencia machista

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Cajide, reclamou hoxe ao Goberno galego que concerte cos concellos a continuidade e consolidación dos Centros de Información á Muller de apoio ás mulleres vítima de violencia machista. Así o dixo nunha moción que será debatida no próximo Pleno do Parlamento de Galicia.

Cajide reclamou á Xunta que acorde cos concellos “as condicións da seguinte convocatoria de axudas para garantir o servizo e consolidar o funcionamento” destas unidades de apoio ás mulleres vítimas de violencia machista. Cajide presentou esta proposta logo dunha Interpelación socialista debatida no pasado Pleno do Parlamento na que criticou o desmantelamento das políticas de igualdade por paret de Feijóo.

A proposta socialista inclúe a realización dun estudo socio – criminolóxico sobre a violencia de xénero en colaboración co Goberno central “a fin de poñer de manifesto a realidade existente sobre esta terrible problemática”. Ademais, solicitou un informe detallado sobre a evolución do coñecido como “Salario da Liberdade” para presentalo na Cámara autonómica.

A responsable socialista propuxo tamén que o goberno galego promova a través dos medios públicos de comunicación “un programa específico de sensibilización da sociedade contra a violencia de xénero a fin de contribuír de maneira decisiva á erradicación desta terrible realidade”.

Fixo un chamado á “rebelión colectiva da cidadanía contra a violencia machista” porque “todos e todas debemos comprometernos contra esta inmensa crueldade que só produce dor, medo e morte nas mulleres vítimas, nos menores que a padecen e nos familiares e amizades que a sufrirán de por vida”.

Criticou o incumprimento dos compromisos de Feijóo en materia de igualdade, advertiu que “está desmantelando tódolos avances acadados” e puxo como exemplo a supresión do Servizo Galego de Igualdade, a renuncia a desenvolver a Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia e a modificación de diversos artigos da Lei “limitando o principio de transversalidade, rompendo co proceso iniciado polo Goberno de Touriño”.

Mentres, criticou que o PP “impulsa leis regresivas como a de Familia, ou a de Apoio á Muller Embarazada, encamiñadas ao control da sexualidade e da maternidade das mulleres”. Mentres, os orzamentos da Xunta presentados e aprobados por Feijóo pasaron de destinar ás accións para a igualdade para a protección e promoción da muller 33,5 millóns de euros en 2009 aos menos de 7 para 2012 –programa 313B da Secretaría de Igualdade-.

Dixo que “só co 20,5 por cento do orzamento non se poden levar a cabo as mesmas accións de protección e promoción da muller”. Advertiu que “non cremos que sexa posible manter os mesmos servizos nin poñer en marcha as mesmas campañas que incentiven á sociedade a colaborar e ás mulleres a dar o paso para resolver a súa terrible situación”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar