Cajide reclama a Medio Rural e Mar orzamentos sensibles á perspectiva de xénero

Cajide reclama a Medio Rural e Mar orzamentos sensibles á perspectiva de xénero

Cajide reclama a Medio Rural e Mar orzamentos sensibles á perspectiva de xénero

A parlamentaria do Grupo Socialista, Carmen Cajide, ven de formular en Comisión unha pregunta interesándose polo orzamento que destina a Consellería do Medio Rural e do Mar para dar cumprimento ao principio de transversalidade recollido na Ley Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva entre mulleres e homes.

Interesouse tamén Cajide Hervés polas accións concretas previstas no orzamento da Xunta de Galicia para o ano 2012 pola Consellería do Medio Rural e do Mar para contribuír á igualdade efectiva das mulleres e homes.
A portavoz de Cooperación e Igualdade do Grupo Sociali

sta recriminou o Secretario Xeral da Consellería de Medio Rural e do Mar que non tiveran entregado un informe de situación á Secretaría de Igualdade para logo elaborar un balance conxunto de cómo trata as políticas de xénero o Executivo galego.

A parlamentaria socialista reprochou a Núñez Feijóo de gabarse de ser pioneiro en materia de Igualdade canto maiores son os recortes que realiza en esta materia.

Puxo de exemplo Cajide Hervés o programa 313 B, que inclúe as accións para a Igualdade, promoción e protección da muller, base fundamental para a protección contra a violencia de xénero e tamén para loitar contra a tripla discriminación que sofre a muller no rural. No ano 2009, este programa supuña o 0.28% dos Orzamentos consolidados da Xunta, uns 33 millóns de euros. Nestes tres anos “o Goberno do señor Feijóo meteulle tal machadazo”, apunta Cajide, que o deixou no 0,7%, menos de sete millóns de euros. “Esa é a verdadeira aposta pola igualdade do Goberno de Feijóo”, afirma.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar