Cajide reclama a Feijóo que presente o VI Plan de Igualdade e advirte que a taxa de paro feminino subiu o 44%

Cajide reclama a Feijóo que presente o VI Plan de Igualdade e advirte que a taxa de paro feminino subiu o 44%

Cajide reclama a Feijóo que presente o VI Plan de Igualdade e advirte que a taxa de paro feminino subiu o 44%

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Cajide, reclama á Xunta que cumpra cos seus compromisos acadados no pasado debate do Estado da Autonomía presentando no Parlamento o VI Plan Galego de Igualdade para os Homes e as Mulleres. Instou ao PP a que “supere vellos prexuízos contra a igualdade” e apoiara a proposta socialista debatida hoxe no Pleno.

Cajide defendeu unha Proposición non de Lei para que o Goberno galego remita á Cámara, no prazo dun mes, o VI Plan Galego de Igualdade entre Homes e Mulleres. Reclamou tamén que dea traslado do borrador deste documento ás asociacións de mulleres e igualdade para que estas poidan facer as súas achegas. Finalmente, os tres grupos políticos decidiron aprobar esta iniciativa por unanimidade ao transacionar a impulsora da iniciativa co Grupo Popular que este plan sexa presentado ao Parlamento “antes do final do actual período de sesións”.

A responsable socialista reclama ao goberno galego que dea cumprimento así á proposta de resolución presentada polos socialistas e aprobada por unanimidade no Debate do Estado da Autonomía. Esta proposta instaba á Xunta de Galicia a “aprobar e tramitar pola vía parlamentaria, no presente período de sesións, o VI Plan Galego de Igualdade entre Homes e Mulleres, tendo en conta que rematou a vixencia do anterior no ano 2010”.

Na súa intervención, criticou o “lamentable esquecemento” desta iniciativa por parte da Xunta que é a “mostra dunha evidente falla de interese pola igualdade en Galicia” nun asunto sensible e “demasiado importante como para intentar deixalo en papel mollado”.

Constatou que teñen pasado xa once meses dende que esta proposta foi aprobada, e logo de que a secretaria xeral de Igualdade teña anunciado que a elaboración do plan ten comezado hai máis de ano e medio “non podemos entender os motivos para que o executivo non entregara dito documento no Parlamento para o seu debate”.

A deputada socialista rematou a súa intervención no Pleno adiantando que admitiría a emenda popular coa fin de apremiar ao goberno que leva ano e medio traballando no devandito plan. De todos modos, recomendou aos populares que presenten o Plan en breve, pois que da un ano de lexislatura se non hai adiantos, “ e de presentarse contra o final da mesma só serviría para marcar as liñas ao novo goberno, que pode ter outras sensibilidade e ideas respecto da Igualdade”.

UN GOBERNO DESENTENDIDO DA IGUALDADE E CAMPEÓN DA DESTRUCIÓN DE EMPREGO FEMININO

A parlamentaria socialista, Carmen Cajide criticou a falta de compromiso do Goberno de Núñez Feijóo, e recordou os compromisos esquecidos feitos polo agora Presidente da Xunta en campaña electoral. Daquela Feijóo dicía que o primeiro dos compromisos era a igualdade e o emprego das mulleres, combater o paro e garantir a igualdade de mulleres e homes.

Contrasta este feito con que hoxe, como salientou a deputada socialista, a taxa de paro feminino esta 15 puntos por riba da media española, e acada o 44%. A fenda salarial das mulleres galegas respecto aos homes é do 23%.Hai unha diferenza de 53 días de soldo entre homes e mulleres. De media, unha muller cobra 4.700 euros anuais menos que un home.

En función destes datos, Cajide Hervés cualificou a Núñez Feijóo como o “Presidente campión da destrución de emprego feminino”. “37.000 mulleres foron ao paro con este Goberno”, dixo.

Cajide puxo enriba da mesa a diferenza de compromiso entre as administracións do socialista Touriño e a actual de Feijóo. Mentres que a primeira, en 2007, facía coincidir co 8 de marzo (Día da Muller) a Lei de Igualdade e o 5º plan de Igualdade, o Goberno de Feijóo está, a vésperas dese mesmo 8 de marzo, “incumprindo as propostas de resolución, retrasando a aprobación do sexto plan de Igualdade, e sometendo ás políticas de Igualdade a drásticos recortes orzamentarios.

PANTOMIMA DA PARIDADE PARLAMENTARIA

A parlamentaria socialista alegrouse de que “grazas á Lei Orgánica de Igualdade”, impulsada por un Goberno socialista, hoxe as mulleres son maioría no Parlamento de Galicia. Pero afeou aos populares que a esta ratio se chega pola marcha de oito homes que ían en mellores postos de saía nas listas do PP.

Pediu ao Grupo Popular que “miren porque isto siga así” e non sexa “unha pantomima máis como o é agora”, porque as mulleres “ían ao final das listas. Sen embargo Cajide non ten moita confianza en que a súa mensaxe sexa escoitada nas bancadas do PP e puxo como exemplo o feito de que, na última Executiva do Partido Popular, “logo da Secretaria Xeral, hai que ir ata o posto 22 para atopar unha muller”, recriminou Cajide.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar