Cajide pide que se incremente as axudas para a rehabilitación de vivendas no rural e que se prime a utilización de pedra natural galega

Cajide pide que se incremente as axudas para a rehabilitación de vivendas no rural e que se prime a utilización de pedra natural galega

Cajide pide que se incremente as axudas para a rehabilitación de vivendas no rural e que se prime a utilización de pedra natural galega

A portavoz de Vivenda do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Cajide anunciou que rexistrou unha proposición no Parlamento na que reclama á Xunta que incremente as axudas á rehabilitación de vivenda acadando as contías recollidas na Orden do 24 de febreiro de 2009. Solicita levar adiante unha liña de axudas á rehabilitación a través de axudas ós concellos para resolver o problema da infravivenda no rural galego. E tamén pide que na concesión das axudas á rehabilitación se valore positivamente o uso da pedra natural galega.

A deputada explica, na iniciativa rexistrada que, o Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou en xullo do 2010 no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións a fondo perdido para rehabilitar vivendas no medio rural e para actuar nos conxuntos histórico de Galicia. Segundo o anuncio, con achegas do organismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para tal fin de 4,9 millóns de euros, que se repartirán en actuacións no medio rural e nos cascos antigos.

Carmen Cajide denuncia que o Goberno de Feijoo reduciu drasticamente o orzamento dedicado a actuacións de recuperación de vivenda. Advirte que para as catro provincias establécense contías moi pequenas, e nalgúns casos, como as achegas para a rehabilitación das vivendas unifamiliares rurais, sitúanse en torno ó medio millón ou non chegan a esas cantidades, como o caso de A Coruña. Di tamén que hai unha axuda moi escasa para os cascos históricos.

Asegura que tendo en conta a degradación na que se atopan as casas de miles de propietarios e propietarias no rural galego, a aposta pola rehabilitación é fundamental para conseguir mellorar os espazos que habitan.

A maiores lembrou que na pasada lexislatura, nunha aposta por dinamizar o rural galego, fíxose un gran esforzo económico pola recuperación de edificios e propiedades particulares incrementando considerablemente as axudas destinadas á rehabilitación de vivenda no rural.

Asevera que o Goberno de Feijoo fixo drásticos recortes tanto nas axudas como nas partidas orzamentarios dedicadas ás políticas de vivenda en xeral e en materia de rehabilitación en particular.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar